Amosando publicacións coa etiqueta Jesús Fdez-Pareja. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Jesús Fdez-Pareja. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de setembro de 2009

A estación dos soños

¿Recordades ao noso ex-profe Jesús? Os seus alumnos e alumnas, cinco anos máis vellos xa, aínda forman parte deste colexio e, se cadra gustaralles escoitar esta nova canción. Todo é seu: a música, a letra, as imaxes, os arranxos, a instrumentación e a montaxe audiovisual. ¿Que máis se lle pode pedir?!!
Jesússsss! Felicidades!! E un bico desde a nosa biblio.

luns, 10 de novembro de 2008

A CASTAÑA: "A miña historia en 12 viñetas"

Mañá celebraremos o magosto no noso colexio. Este ano retrasámonos un pouquiño pero, por fin!, aquí está. Faremos colares, comeremos castañas, xogaremos; cantaremos "O misterio do Samaín"(está ben, está ben, imos un pouco retrasados pero enseguida collemos o ritmo), unha canción do noso ex-profe Jesús; e veremos algún audiovisual. Tamén bailaremos as BUXAINAS, e leremos o Manifesto de Antón Cortizas.
En definitiva, mañá falaremos do OUTONO en "primeira persoa".

FELIZ MAGOSTO A TODOS E TODAS!