Amosando publicacións coa etiqueta Lagoa e praia de Doniños. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lagoa e praia de Doniños. Amosar todas as publicacións

venres, 2 de febreiro de 2024

Recollida de micropellés en Doniños

Este venres a comunidade educativa do cole de Pazos - alumnado, profesorado e familias - desprazouse ate o areal de Doniños para facer unha recollida de lixo mariño, motivados polo vertido de micropellés o pasado mes de decembro, cando o cargueiro Toconao perdeu 23,6 toneladas deste material.

Por alí tamén estaba Rebeca, de Mirada de Madrina, coa súa cámara na man e agasallounos con estes disparos. Grazas! 💖

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum coas fotos de Rebeca, de Mirada de Madrina.





E aínda que non recollimos unha gran cantidade de micropellés, si que retiramos bastantes plásticos da praia. Tomemos consciencia de que calquera peza de plástico, por pequena que sexa, sobra na area. Na praia só ten que estar o que lle pertence. Nada máis nin nada menos. Nós sabémolo moi ben e como bos activistas puxémonos mans á obra.

Contactamos con ADEGA, quen nos facilitou o protocolo de actuación para a recollida destes resíduos e algúns materiais para a recollida, como coadores, peneiras, capazos... 

Queda pendente aínda o pesado e a estimación da cantidade de resíduos recollidos previo á clasificación e tratamento dos mesmos. 

Agardamos que esta acción sexa o detonante dun hábito sostido no tempo para o noso alumnado, porque xa sabedes sodes os motores do cambio e que pequenos xestos poden facer do mundo un lugar mellor.

Preme nesta outra fotografía para ver as fotos que sacamos as profes durante a xornada.



"esPazODS_para_a_concienciACCIÓN"







mércores, 21 de xuño de 2023

Surf en Doniños para rematar o curso

Isto se acaba, pero haberá que celebralo ao grande! 

Para despedir o curso, os maiores do cole - de 3º a 6º de Primaria - foron ata Doniños para practicar surf, desta volta coa escola Valdo Surf coa que xa nos iniciamos o curso pasado.

E por aí estaba Rebeca, de Mirada de Madrina, quen nos agasallou con estes fotóns. Que podemos dicir... que coma sempre, son incribles💖


 






💦 Un día para o recordo 💦
Grazas mil e unha veces máis polas fotos, Rebeca!


Preme nesta última imaxe para acceder ao álbum completo coas fotos de Rebeca, de Mirada de Madrina

xoves, 23 de xuño de 2011

CAMIÑANDO POR DONIÑOS




¿Queredes ver un vídeo que nos envían desde pequesPazos. Acaba de saír do forno, vén quentiño, quentiño. Está feito con sorrisos de mel, xeados de tenrura e doces apertas de caramelo. ¡Mmmmmm! Que vídeo máis rico. Grazas, profe Rosa; e grazas, "peques".
Ademais, vouvos contar un segredo, algunhas escenas están gravadas por eses grandullóns que van pasar dentro de dous meses a primaria. ¿A que xa son todos uns especialistas?
Que o disfrutedes.


sábado, 31 de outubro de 2009

De volta de Doniños con "Laia, a nena da illa"

Se picas na imaxe atoparás toda a información desta saída a Doniños e ao Castro de Lobadiz. Estivemos no castro, si, pero no seu estado non puidemos apreciar nada do que levabamos aprendido, porque nestes momentos está totalmente cuberto. É unha pena saber que aí, baixo a terra, hai tanta historia agochada.


Se cadra sexa do voso interese ler este libro de Ánxela Loureiro e ilustrado por Quico da Silva: "Laia, a nena da illa" (finalista do Premio Merlín de Literatura infantil,1998), que nos achega a Doniños na época romana.

E como di a súa autora, "Doniños é a miña aldea...E cando escribo, dende a miña xanela, vexo o fermoso val, a lagoa de auga doce e o mar ó fondo. ¿Como non situa-la miña historia en Doniños?"

"Laia abriu os ollos e non dubidou en face-lo que lle pedía o seu pai. Pinchou as negras augas do océano e buceou ata esgota-lo aire. Xa na superficie oíu un rebumbio de voces... Viñéronlle ó seu maxín algúns consellos que oíra centos de veces dos seus maiores: "Non te enfrontes ó mar", "déixate levar"..."

Grazas, Ánxela por esta fermosa historia!