 Estivemos no castro, si, pero no seu estado non puidemos apreciar nada do que levabamos aprendido, porque nestes momentos está totalmente cuberto. É unha pena saber que aí, baixo a terra, hai tanta historia agochada.

 Se cadra sexa do voso interese ler este libro de Ánxela Loureiro e ilustrado por Quico da Silva: "Laia, a nena da illa" (finalista do Premio Merlín de Literatura infantil,1998), que nos achega a Doniños na época romana.

E como di a súa autora, "Doniños é a miña aldea...E cando escribo, dende a miña xanela, vexo o fermoso val, a lagoa de auga doce e o mar ó fondo. ¿Como non situa-la miña historia en Doniños?"
"Laia abriu os ollos e non dubidou en face-lo que lle pedía o seu pai. Pinchou as negras augas do océano e buceou ata esgota-lo aire. Xa na superficie oíu un rebumbio de voces... Viñéronlle ó seu maxín algúns consellos que oíra centos de veces dos seus maiores: "Non te enfrontes ó mar", "déixate levar"..."
Grazas, Ánxela por esta fermosa historia!
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario