Amosando publicacións coa etiqueta RAG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RAG. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de maio de 2023

Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu.

Grazas á Real Academia Galega, que elaborou unha serie de audiovisuais sobre a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego, podemos coñecer mellor a esta personalidade senlleira da nosa lingua.

Non volos perdades!

mércores, 23 de xaneiro de 2013

FINA CASALDERREY

A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. 
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
Publicado por
Desde a nosa Biblio facémonos eco desta nova que nos enche de ledicia. É un orgullo e enviámoslle as nosas felicitacións a Fina Casalderrey.