Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos dos nenos e nenas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos dos nenos e nenas. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de novembro de 2024

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

                                       Pincha AQUÍ para ver máis fotos

O 20 DE NOVEMBRO CONMEMÓRASE A CONVENCIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA DE NACIÓNS UNIDAS. CHISPA CHEGOU CUNHA CARTA PARA EXPLICARNOS A IMPORTANCIA DESTA DATA. 


A ASÍ FOI COMO TODOS OS NENOS E NENAS, REUNÍRONSE NA NOSA BIBLIOTECA COS SUS PIXAMAS, E RECIBIRON UNHA BUXAINA CUN SIGNIFICADO TAN ESPECIAL. 


FINALIZAMOS A REUNIÓN PRACTICANDO A CANCIÓN DA "BUXAINA BRINCADEIRA" DE ÁNXELA LOUREIRO. 



martes, 13 de decembro de 2016

RAP "DEREITO A ESTAR SANS"

3º e 4º: "Dereito a estar sans"
O outro día quedóusenos sen amosarvos a letra do rap de 3º e 4º, así que aí vai!! Noraboa por esa letra tan elaborada!!

DEREITO A ESTAR SANS

Se moi san queres estar,
segue estes consellos que che imos dar.


Non veñas á escola sen almorzar
e a túa dieta debes variar:
froitas, verduras e peixe debes comer, 
non tes tempo que perder.

Deporte has de practicar
para poñer o teu corpo a funcionar;
cos compañeiros vaste relacionar
e máis contento vas estar.

E para non enfermar
ao médico tes dereito a visitar,
que che ha aconsellar
se mediciñas tes que tomar.

E non debes esquecer
que auga potable debes beber
se boa saúde queres ter, 
e tamén a tes que usar 
para te lavar e duchar.


Se queres estar de bo humnor
descansar é o mellor;
durme 10 hora e verás,
como todo cambiará.

E non debes esquecer,
o importante que é o lecer;
ir ao cine ou de excursión
é unha boa diversión.

Toda esta información
coidará da túa saúde;
son dereitos que ti tes
non os deixes de aprender. 

domingo, 11 de decembro de 2016

CELEBRACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS II

Exposición DEREITOS DA INFANCIA / DEREITOS HUMANOS
O pasado venres, como xa vos anunciabamos esa mañá, celebramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia e dos Dereitos Humanos. Cada clase preparou un traballo que amosou na biblioteca ao resto. 





Pincha aquí se queres ver todas as fotos.
Mural de 3º e 4º sobre o dereito a medrar sans

Ver, pensar e facérmonos preguntas, de 1º, 2º e 5º

Estes son dous vídeos sobre os que os alumnos de 1º, 2º e 5º nos fixeron reflexionar. Primeiro contestar ao que vimos; despois, que sensacións provocaron, e por último, que preguntas nos facemos? Que podemos facer? Como podemos actuar?

xoves, 8 de decembro de 2016

CELEBRACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS

Esta mañá xuntámonos na Biblioteca para celebrar o Día dos Dereitos da Infancia e os Dereitos Humanos. Este vídeo é o traballo que presentan o alumnado de 6º para compartir con todos os seus comapañeiros e compañeiras..

mércores, 19 de novembro de 2014

mércores, 20 de novembro de 2013

DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS II

Dechégannos estas recomendacións para non ceder ante os "abusóns".
Fíxate na definición que vén no Dicionario da Real Academia Galega:
 abusón(feminino: abusona) adxectivo Que abusa da súa forza ou do seu poder en prexuízo de alguén Ese rapaz é moi abusón, sempre lles anda a pegar aos nenos máis pequenos ca el.
Tamén substantivo É unha abusona, quitoume a merenda no recreo!
¿Cal é a vosa opinión sobre este tema? Pensade en vós mesmos e nas vosas compañeiras e nos vosos compañeiros. Pero pensade en POSITIVO, para que poidamos crear unha escola cada vez mellor na que todos e todas poidamos convivir en paz. Estamos a tempo de cambiar as cousas que non funcionan demasiado ben, a tempo de cambiar actitudes, de mellorar. SEMPRE SE ESTÁ A TEMPO, ¿non credes? 

¿Que máis temos pola nube? Este xogo: "Adam. Conociendo mis derechos"
http://iin.oea.org/adamweb/adam.html
20 de novembro Día Mundial dos dereitos dos Nenos e as Nenas.

martes, 19 de novembro de 2013

20 de novembro: DEREITOS DOS NENOS E AS NENAS





Invitámosvos a que visitedes a exposición que está na entrada da Biblioteca. Podedes atopar libros que falan dos Dereitos dos Nenos e as Nenas, e tamén algúns que xa temos preparados para o 25 deste mes, xornada na que seguiremos a falar da coeducación e da violencia de xénero.
Amosámosvos estes vídeos para reflexionar nas clases

"El algodón, la cara oculta de la moda"

Outros anos...

mércores, 21 de novembro de 2012

DEREITOS DA INFANCIA

Temos pensado facer unha celebración conxunta o 10 de decembro para recordar os Dereitos da Infancia e celebrar os Dereitos Humanos. Pero hoxe non podiamos deixar de traballar algo tan importante como son os NOSOS DEREITOS. Estas dúas semanas estivemos a ler libros da Exposición nas nosas aulas na HORA DE LER. E esta mañá, os maiores vimos un audiovisual do "Museo do Humor" de Fene que trata sobre os Dereitos da infancia visto por moitos humoristas tanto da nosa terra coma de fóra. Unha moi interesante exposición que trataremos ter con nós ao longo deste curso. De momento, conformámonos con comentar o audivisual, que por certo, aínda nos dá para máis e máis.
E na hora do recreo, como xa teredes adiviñado, houbo un contacontos: "A casiña de chocolate". Quixemos relacionar este conto clásico co 4º dereito, no que, entre outras cousas, dise que o neno e a nena teñen dereito a unha vivenda. Claro teñen dereito á seguridade dunha vivenda e a unha familia que os cuide e os protexa. ¿Non credes que tamén este conto dános para comentar estes dereitos?
Había unha grande expectación porque este curso aínda non nos estreáramos. ¿Queredes ves as fotos? Aquí volas deixamos.
Parécenos moi claro este vídeo que coñecemos a través do blog da nosa "compi" Ana Martínez: AULA TIC. Grazas, Ana, sempre estás atenta ao que nos acontece. Un biquiño para ti de todos nós.

venres, 20 de novembro de 2009

Celebramos os Dereitos dos nenos e nenas



Hoxe celebramos na Biblioteca este día importante para nós.
* Na hora do recreo, a profe Mª Carmen contounos o conto de "O lobo sen rabo" que andaba esfameado, e tamén un dos contos de "Babar".
* Máis tarde, o segundo e o terceiro ciclo visitamos a exposición dos libros; vimos os nosos blogues, e algúns dos outros coles e falamos sobre os nosos dereitos e os nosos deberes
* "Nin un biquiño á forza" é un dos libros que vos recomendamos porque axúdanos a pensar e reflexionar a partir dun formato moi sinxelo na violencia en xeral e nas relacións cos demais.
Coma sempre quedan as fotos de recordo.

Dereitos do Neno e da Nena




martes, 17 de novembro de 2009

DEREITOS DO NENO



A Asemblea Xeral das Nacións Unidas fai a declaración dos Dereitos do Neno no ano 1989.
Os dereitos agrúpanse en cinco categorías:

* Dereitos á supervivencia: que buscan protexer e garantir o dereito á vida e a satisfacer as súas necesidades máis básicas, coma o alimento, o abrigo e a protección da saúde.
*Dereitos ó desenvolvemento: que buscan protexer e garantir o desenvolvemento pleno (físico, espiritual, moral e social), coma o dereito á
educación, á cultura, ó xogo e á liberdade de pensamento, conciencia e relixión.
*Dereitos á protección: que buscan protexer e garantir que non sexan obxecto de abusos, neglixencia e explotación, coma o dereito ó
nome, (identidade), nacionalidade e coidado.
*Dereitos á participación: que buscan protexer e garantir a súa participación nas decisións que lles afectan e nas actividades das súas comunidades locais e
países, coma a liberdade de expresión.
*Dereitos a ser escoitado: que buscan protexer e garantir o seu respecto polos demais. Por que se non escoitas a un neno, este tampouco escoitará aos demais (é para a súa
educación).










O CEIP A Rúa invítanos a participar nunha actividade colaborativa ilustrando os Dereitos do Neno, así que ánimo e a participar. Esperamos os traballos de todas as clases!

xoves, 20 de novembro de 2008

Os DEREITOS dos NENOS e das NENAS

Grazas a "O SEGREL DO PENEDO", que acaba de publicar este vídeo de UNICEF.
Estas son algunhas ligazóns interesantes para informarnos sobre
OS DEREITOS DOS NENOS E AS NENAS
OS DEREITOS DO MENOR