A Asemblea Xeral das Nacións Unidas fai a declaración dos Dereitos do Neno no ano 1989.
Os dereitos agrúpanse en cinco categorías:
* Dereitos á supervivencia: que buscan protexer e garantir o dereito á vida e a satisfacer as súas necesidades máis básicas, coma o alimento, o abrigo e a protección da saúde.
*Dereitos ó desenvolvemento: que buscan protexer e garantir o desenvolvemento pleno (físico, espiritual, moral e social), coma o dereito á educación, á cultura, ó xogo e á liberdade de pensamento, conciencia e relixión.
*Dereitos á protección: que buscan protexer e garantir que non sexan obxecto de abusos, neglixencia e explotación, coma o dereito ó nome, (identidade), nacionalidade e coidado.
*Dereitos á participación: que buscan protexer e garantir a súa participación nas decisións que lles afectan e nas actividades das súas comunidades locais e países, coma a liberdade de expresión.
*Dereitos a ser escoitado: que buscan protexer e garantir o seu respecto polos demais. Por que se non escoitas a un neno, este tampouco escoitará aos demais (é para a súa educación).
O CEIP A Rúa invítanos a participar nunha actividade colaborativa ilustrando os Dereitos do Neno, así que ánimo e a participar. Esperamos os traballos de todas as clases!
Ningún comentario:
Publicar un comentario