miércoles, 11 de noviembre de 2009

"LEO E AS ESTRELAS": Teatro de sombras


Esta actividade xurde dentro do Ano Internacional da Astronomía 2009, para aproximar dun xeito lúdico a astronomía aos máis pequenos.
Da Asociación Animacción e a empresa Altega xorde esta peza teatral de temática astronómica.

Esta é a sinopse que eles mesmos nos facilitaron:

"Leo érguese pola noite na casa dos seus avós.
Trabúcase de porta e sae da casa, perdéndose no bosque.
Tópase con Eli, unha astrónoma, que está a ollar ás estrelas.
Hai moitas estrelas e Leo imaxina que viven en casas.
A Lúa parece chea de feridas, a ollos de Leo...
...ou un enorme queixo a ser rillado por ratos.
A Terra non está chea de cráteres grazas ao escudo que Leo imaxina.
Un "planeta con orellas" é Saturno para Leo.
Pero na realidade é máis espectacular.
Chega o momento de despedírense.
E, xa na casa, Leo queda coa dúbida de se todo foi un soño."

Nós deixámosvos as poucas fotos que puidemos facer, xa que era taaaan de noite que non viamos máis ca... o MARABILLOSO TEATRO DE SOMBRAS...







5 comentarios:

olga dijo...

¡O que se pode facer coas mans!

Anónimo dijo...

A min o que mais me gustou foi
a foto de Saturno , a da Lúa e a
da Vía Láctea. O que menos me gustou foi cando Leo e Eli querían chuparlle a luz ás estrelas e ao Sol. Tamén gustoume o moucho.


Paula de 4º

Anónimo dijo...

Encantoume o teatro e sobre todo o moucho,que era moi gracioso e tiven un pouco de medo cando explotaron os papeis de confetti de cores moi bonitas. Pensaba que o moucho era a profe de Inglés ou a profe de Música ou profe Rosa.
Andrea Aneiros Sabín de Cuarto.

Anónimo dijo...

hola son Víctor Saavedra e queria dar as grazas a chispa polo comentario que fixo no blog do instituto de catabois onde eu estou a estudar.



moitos bicos

Víctor Saavedra

Ángela dijo...

saúdos dende Ourense ;) non me esquezo de vos, amig@s de Pazos!

o moucho Mitxolo