Ao igual ca no mes de abril, maio será un mes cheo de actividade na nosa Biblioteca. Continuaremos coas sesións de contacontos e ilustración nas horas dos recreos .
Pero ademais temos anunciadas dúas visitas importantes:
*O martes, día 13, vainos facer unha singular visita Carmen Martín. Xa vos contaremos polo miúdo pero cremos que vai ser unha xornada interesante que compartiremos con esta pintora da que xa vos falaramos aló polo mes de marzo.
*E, o mércores 21, está programada a tan esperada visita de Anxo Fariña.
A nosa "Hora de ler" estará adicada ás letras galegas e, como non, traballaremos a figura e a obra de Xosé María Álvarez Bláquez.
Estas imaxes están recollidas da páxina que a RAG adica a este escritor; moitas delas cedidas pola familia do seu arquivo.
Sobre estes momentos da súa vida tratará a nosa Exposición de Xosé Mª Álvarez Blázquez este ano:
XOSÉ MARÍA ALVÁREZ BLAZQUEZ (1915-1985)
1) 1915 : XOSÉ MARÍA ALVÁREZ BLÁZQUEZ NACEU O 4 DE FEBREIRO, EN TUI. É O TERCEIRO DOS SEIS FILLOS DO MÉDICO PONTEVEDRÉS DARÍO ALVÁREZ LIMESES E DA CUBANA MARÍA BLÁZQUEZ BALLESTER.
2) 1931-1932 : TRASLÁDASE A PONTEVEDRA PARA ESTUDAR MAXISTERIO. EDÍTASE “ABRIL”, O SEU PRIMEIRO LIBRO DE POESÍA EN CASTELÁN. CON XOÁN VIDAL FUNDA A REVISTA CRISTAL.
3) 1935-1936 :COMEZA A EXERCER A SÚA DOCENCIA NA GUARDA E LOGO EN VIGO. INGRESA NO PARTIDO GALEGUISTA E ESCRIBE O LIBRO DE RELATOS “OS RUÍNS”. O SEU PAI É FUSILADO O 30 DE OUTUBRO. XOSÉ MARÍA É DESTERRADO A CORESES (ZAMORA).
4) 1941-1945 :CREA UNHA FÁBRICA DE LADRILLOS EN NIGRÁN, COS SEUS IRMÁNS, QUE PECHARÁN NO 1945. COMPAXINA DIVERSOS TRABALLOS DE LITERATURA, INVESTIGACIÓN E ARQUEOLOXÍA. A SÚA NOVELA “EN EL PUEBLO HAY CARAS NUEVAS” QUEDA FINALISTA DO PRIMEIRO PREMIO NADAL EN 1945.
5) 1946 : CASA CON Mª LUÍSA CÁCCAMO FRIEBEN, CON QUEN TERÁ Á Mª LUÍSA (COLORÍN), XOSÉ MARÍA, ALFONSO, HELENA, CELSO E BERTA.
6) 1948-1950 : ABRE CON LUÍS VIÑAS CORTEGOSO UNHA LIBRARÍA ANTICUARIA EN MONTERREI. PUBLÍCASE “POEMAS DE TI E DE MIN”. É NOMEADO MEMBRO DA R.A.G. E COMISARIO DE ESCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS DE VIGO.
7) 1950-1960 : FUNDA A EDITORIAL MONTERREI. NELA PUBLÍCASE “ROSEIRA DO TEU MENCER”(DEDICADA A COLORÍN), “CANCIOEIRO DE MONFERO” E “ROMANCE DO ESCRITOR PELERIÑO”(PREMIO PONDAL DO CENTRO GALEGO DE BOS AIRES). EN 1960 PUBLÍCASE “LA CIUDAD Y LOS DÍAS” SOBRE A CIDADE DE VIGO.
8) 1964-1985 : NO 1964 FUNDA EDICIÓNS CASTRELOS, COS SEUS IRMÁNS. NO 1970 MORRE A SÚA FILLA COLORÍN. NO 1971, PUBLICA “A PEGA RABILONGA E OUTRAS HISTORIAS DE TESOUROS”. NO 1982, ESCRIBE O POEMA “SOLPOR”. NO 1985, MORRE, O 2 DE MARZO, EN VIGO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario