domingo, 4 de maio de 2008

DESPEDIMOS ABRIL ...

"Matrioska"
Na vella Rusia, un fabricante de bonecas construiu unha realmente fermosa. Tan fermosa era que decidiu non vendela e chamouna Matrioska. Todas as mañás falaba con ela, até que un día a boneca contestoulle, anunciándolle que quería ter unha filla. O home construiu outra boneca, Trioska, igual á sua nai. Matrioska insistiu en tela na súa barriga, así que cortouna pola metade e baleirouna e meteu a pequena no seu interior. A boneca nai sentiuse feliz, pero non así a filla, que tamén quería ter un bebé no seu interior. O home tallou outra boneca máis pequena,Oska, e fixo con Trioska o mesmo ca con Matrioska: partila, baleirala e introducirlle a súa filla. Pero Olka tamén quería un bebé. O fabricante decidiu entón construír un boneco, Ka. Así este non podería dicir que desexaba un fillo na súa barriga. Con esta solución, toda a familia de bonecos estivo contenta para sempre.
A profe de Educación Infantil, Rosa, foi a nosa última contacontos das profes nos recreos durante o mes de abril, pero... en maio seguiremos con máis profes, máis alumnos e alumnas e... quen se sabe se algún pai, ou nai, ou avó , ou avoa, ou... se animan a visitar a nosa Biblioteca.
Temos moitas actividades para facer ao longo do mes das Letras Galegas e necesitamos a colaboración de todos e todas. ¿Estades animados?
Esperámosvos con ilusión e forzas renovadas!


Ningún comentario: