martes, 29 de abril de 2008

LSE: UNS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS NA NOSA BIBLIOTECA

En efecto, hoxe foi un día moi especial para a nosa Biblioteca.
A primeira hora da mañá xuntámonos para ver un vídeo que nos axudará a comprender as dificultades das persoas que teñen problemas para oír ou para ver. Reflexionamos sobre estas dificultades e traballamos un pouco de vocabulario, moi básico, de LSE.


Miguel e Blanca chegaron pouco despois, cargados de ilusión e enerxía e contáronos un bonito conto de amistade. "¡No quiero verte más!", da Editorial Juventud. Un cabuxiño e unha parruliña enfádanse, pero enseguida teñen que facer as paces porque SON AMIGOS.
Blanca e Miguel contaron ese conto utilizando a linguaxe de signos (LSE), xa que no noso colexio hai nenos xordos, e estabamos desexando poder ofrecerlles un conto especialmente para eles. Cos contacontos viñeron Javier e Verónica que eran os seus intérpretes; contábanos ao mesmo tempo o conto en galego; así todos e todas puidemos comprendelo e disfrutalo.

Con eles tamén repasamos o vocabulario do conto. Puxéronos a traballar! Fixámonos, signamos, repetimos e recordamos todas as palabras importantes do conto. Tamén aprendemos a aplaudir: "MANS ARRIBAAAAA E A MOVELAAAASS!"
Hoxe temos que felicitar a todos os alumnos e alumnas porque traballaron moi ben e demostraron o respecto que a ocasión merecía. ¡SODES UNS CAMPIÓNS!

Agradecemos a Rubén, o noso profe de LSE, que nos guía por este novo mundo, ter servido de ponte entre eles e nós. E noraboa para Blanca, Miguel, Javier e Verónica polo seu bo traballo. Hoxe fixestes que pasasemos unha mañá entrañable e axudástesnos a ver as cousas desde o outro lado. Saúdos agarimosos aos cinco. Agardamos vervos moi axiña pola nosa Biblioteca.
Rubén, Miguel, Blanca, Javier e Verónica pertencen á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.


5 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

E que importante é aprender das diferencias!!
Parabéns por facelo posible.
Apertas dende Fene.

Anónimo dijo...

Ola,son un dos nenos que veu o dos chavales que viñeron a ensinarnos a linguaxe de signos.E gustoume moito porque nos ensinaron a ver que a xente como eles son iguais ca nos.




fdo: Ladiesman 217

Anónimo dijo...

ola,son Edu eu vin aos sordosmudos que viñeron ao colexo.Gustoume moito pola historia que contaron. pero o que máis me gustou foi cando fixo o truco de maxia, eran moi graciosos.

iván dijo...

Ola,son Iván eu vin aos sordomudos daban moita gracia cando facían tonterias. Blade

Anónimo dijo...

O contacontos dos signos me gustou
moito, aprendín a falar cos signos.
Grazas un saúdo.
Héctor.