venres, 23 de febreiro de 2024

100 días no cole no Día de Rosalía

E este curso volve a coincidir os #100días de cole co Día de Rosalía. Pero que sorte a nosa ter celebración por partida dobre! 

Así que, como xa ven sendo habitual, repartímonos nos equipos heteroxéneos nos que nos agrupamos sempre para os grandes xogos e reunímonos na Biblioteca para dar comezo ao gran xogo de Rosalía co visionado dun vídeo sobre a vida de Rosalía de Castro, que podedes ver de novo premendo aquí.

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum de fotografías dese día.

Oito equipos, oito estacións e unha proposta diferente en cada unha delas, seguindo un itinerario concreto por diferentes localizacións dentro da escola. 

Pasámolo en grande en cada unha delas e ademais aprendimos un montón de cousas sobre a nosa poetisa máis universal e a súa obra.









E rematamos esta intensa xornada, xuntándonos de novo no salón de actos para cantar de novo, e todos xuntos, a cantiga que aprendimos co poema de Rosalía "Eu ben vin estar o moucho".

Marchamos co compromiso de espallar #oamorpolapatriagalega - lema deste ano para o Día de Rosalía - compartindo os versos da poeta e para iso, levámonos cadanseu poema co compromiso de liberalo.

Que viva Rosalía de Castro

e que viva a Festa dos 100 días!

Ningún comentario: