O pasado 1 de outubro, abríronse as portas da Biblio Xoán Farias oficialmente para todos os usuarios e usuarias. Xa están os novos carnets funcionando, empréstitos en marcha e as normas de uso recordadas.
Como cada novo curso, Chispa chegou cunha maleta, como cada curso tiña unha carta dentro, e como cada novo curso, escapou antes de que lle botasemos o ollo. Aiiii, Chispa, Chispa...!
A maleta veu repleta de libros, e ademais, desta vez repartiu xogos para todos os ciclos. Vese que as vacacións lle sentaron de marabilla. Por nós, encantados!
>/div>
Ningún comentario:
Publicar un comentario