Este curso queremos comprometernos coa misión de mellorar a convivencia no noso centro. Para iso, temos preparada unha "xincana" de contos para falar dos valores que deben convivir entre nós: a amizade, a xenerosidade, a honestidade, a xustiza, a perseverancia...
O venres (Día das Bibliotecas), celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares (o vindeiro luns é a verdadeira data), e a primeira hora da mañá, na HORA DE LER, leremos un conto en cada aula.
O venres (Día das Bibliotecas), celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares (o vindeiro luns é a verdadeira data), e a primeira hora da mañá, na HORA DE LER, leremos un conto en cada aula.
3
e 4 anos: A xoaniña rosmona
4
e 5 anos: Por cuatro esquinitas de nada (Conta Jesús, coa profe Cris)
1º
e 2º: Emma Enfadosauria
3º:
La cola del dragón
4º:
¡Hola! ¡Gracias! ¡Adiós!
5º:
Sinceridad
6º: Lecturas de paseo: A Casa da Palabra e outros.
Despois do recreo cada grupo de nenos e nenas rotarán polas distintas aulas para escoitar unhas reflexións que atopamos na colección da Editorial Cedic, "Todo lo que cabe en mi mundo".
SETE CONTOS e SETE REFLEXIÓNS en SETE MINUTOS e SETE ESPAZOS por SETE PROFES para SETE GRUPOS.
Iniciamos así unha serie de actividades encamiñadas á construír un cole mellor onde todos respectemos e todos e todas sexamos respectados. ¿Apuntádevos?
Ningún comentario:
Publicar un comentario