mércores, 22 de outubro de 2014

SETE CONTOS PARA A CONVIVENCIA



A BIBLIOTECA XOÁN FARIAS CELEBRA O
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES O
24 DE OUTUBRO  DE 2014 CON
SETE CONTOS PARA A CONVIVENCIA


Dentro desta actividade que celebraremos ao longo xornada de mañá, a segunda parte virá apoiada polos libros desta colección. 
TODO O QUE CABE NO MEU MUNDO
Kátia Trindade. Editorial Cedic
(Textos traducidos pola Biblioteca Xoán Farias)

Amizade
A amizade é un sentimento de afecto que une as persoas.
Amigo é aquela persoa querida con quen nos gusta estar, é quen nos fai sentir ben.
Os amigos son quen nos dan consolo cando estamos tristes, enchéndonos de agarimo e atención.
Cando algo nos sae mal, son os amigos os que están sempre ao noso lado.
Os amigos acóllennos cando necesitamos axuda.
E deféndennos cando estamos en perigo.
Cando estou enfermo, os meus amigos inmediatamente veñen visitarme.
Ao lado dos meus amigos, nunca me sinto só.
Ao meu mellor amigo cóntolle todos os meus segredos e sei que podo confiar nel.
Amigos son aquelas persoas importantes nas nosas vidas, coas que sempre podemos contar.
¡É fantástico ter amigos! Cos meus amigos síntome realmente ben.
No meu mundo caben moitos amigos a quen quero sempre ao meu lado.

Humildade
A humildade é un don natural que nos fai ser modestos, sinxelos e delicados.
Ser humilde é saber que o que o meu amigo me ten que dicir é importante.
cando somos humildes, volvémonos máis sabios porque estamos dispostos a aprender dos demais.
Ser humilde é recoñecer o valor dos demais.
Cando fago algunha cousa, dou o mellor de min.
E cando alguén me eloxia, respondo de inmediato:
-Síntome feliz. ¡Grazas!
Pero, ás veces, teño dificultade para realizar unha tarefa… Entón, son humilde e pídolle axuda a alguén. Cada un de nós ten as súas propias limitacións…
Ás veces fago algo que lastima a alguén…
Cando pasa iso, entristézome conmigo mesmo… Recoñezo o meu erro e, humildemente, pido perdón.
Con humildade vou aprendendo e convertindo o meu mundo nun lugar tranquilo e sereno.

Xentileza
Xentileza significa cortesía, é dicir, tratar ben ás persoas.
Xentil é aquel que ten xentileza… é agradable. É moi bo ser xentil. Cando somos xentís e educados, somos encantadores…
Xentileza é desexar ás persoas un bo día, un bo traballo…
Axudar á persoa que deixou caer un obxecto.
Non falar moi alto.
Agradecer sempre, pedir permiso, pedir desculpas, dicir por favor…
Axudar a alguén a cargar as bolsas da compra.
A xentilieza empeza co hábito. Eu, por exemplo, era maleducado, desobediente e todo algareiro.
Os mestres sempre me chamaban a atención e os meus pais sempre me daban un sermón.
¡Agora son educado e coidadoso! Son xentil con pequenas actitudes e algunhas palabras, iso fai que o meu mundo sexa marabilloso.

Perseverancia
A perseverancia é unha grande virtude. Perseverante é quen non desiste, aínda que haxa dificultades.
Cando algo nos importa, debemos ser perseverantes e loitar ata alcanzar o noso obxectivo.
¡Ás veces necesitamos tempo, concentración e paciencia!
Ser persistente é ter determinación. Non importa se caes, o importante é que te levantes e o tentes de novo.
Non sempre as cousas pasan como soñamos, pero non podemos ser débiles e desanimarnos.
¡Con perseverancia e paciencia, os obstáculos desaparecerán!
Non importa que as cousas parezan difíciles. Continúa tentando ata que logres os teus obxectivos.
¡É marabilloso cando conseguimos algo con moito esforzo!
Ás veces temos medo e pensamos renunciar… Sentimos que estamos cansos e desanimados.
Cómpre saber cales son as nosas dificultades, para afrontalas e superalas.
Sempre atoparemos dificultades no noso camiño. ¡Cómpre ter perseverancia e loitar polos nosos obxectivos!

Xustiza
Xustiza é a virtude de facer as cousas de xeito correcto.
Ser xusto é actuar de acordo ás regras…
É intentar acadar os nosos obxectivos facendo o correcto. Cando somos xustos, somos admirados e respectados polos demais.
É xusto recoñecer os nosos erros, aínda que iso nos prexudique…
Dar a razón a quen o merece demostra que somos xustos e humildes.¡Son moi coidados! A xustiza é unha das miñas maiores calidades.
Non me parece xusto qe haxa tanto lixo nas nosas rúas.
Na casa, á hora da comida, tento sempre servirme o xusto, para non desperdiciar…
Non me parece xusto estragar comida. ¿Xa pensaches canto poderiamos aforrar se non desperdiciasemos?
Estou sempre moi atento para non cometer inxustizas. ¡Eu quero medrar nun mundo máis xusto!

Honestidade
Honestidade é a calidade de quen non engana, non minte.
Cando somos honestos, buscamos comportarnos segundo as regras, de xeito honrado e digno.
Cando estou xogando, son honesto e non me gusta facer trampas.
Día a día, tamén trato de ser honesto. Se me meto nalgún lío, dicir a verdade sempre é a mellor solución.
Ser honesto é devolver a volta que me deron de máis…
É atopar un obxecto e devolverllo ao seu dono.
Hai varias actitudes honestas que nos fan ben porque nos sentimos felices con nós mesmos, sen culpas nen remorsos.
Ás veces temos medo de dicir a verdade porque non queremos ter problemas… pero cando non somos honestos, as consecuencias poden ser peores.
Ser honesto non sempre será doado, pero é o que debes facer sempre.
Vivo sempre tranquilo e todos confían en min. ¡É a honestidade o que me fai sentir tan ben así!

Xenerosidade
Xenerosidade é amar aos demais, axudarlles sen esperar nada a cambio.
Ser xeneroso é estar co corazón aberto para facer todo o ben posible a que nos rodea…
Cando vexo a alguén en dificultades, sinto unha dor no peito e póñome no seu lugar.
Hai cousas moi simples que podemos facer para axudar. Cando arreglo o meu cuarto, por exemplo, separo os xoguetes que non uso e a roupa que xa non me serve e doulla aos meus pais para que a donen.
¡Cantos nenos poderán xogar!
Dar unha palabra de consolo a quen a necesita é tamén un acto de xenerosidade.
Saber que alguén se preocupa por nós confórtanos e cálmanos a dor nos momentos difíciles.
Cando vexo ao demais sorrindo, eu síntome feliz tamén.
Síntome seguro cando, nunha situación difícil, sei que teño ao meu lado un amigo.
A vida vólvese máis alegre cando todos buscan practicar o ben.
Debemos axudar ás persoas sempre que podemos. A paz do corazón e da conciencia é a nosa maior recompensa.

Responsabilidade
Responsabilidade é responder polas nosas accións e cumprir as nosas obrigas. Ser responsable é facer algo que é importante.
É respoonder por algunha tarefa que é o noso deber facer.
Somos responsables de manter o noso ambiente harmonioso.
Ser responsable pola natureza é non estragar a auga.
Botar o lixo nos contedores.
A cotío, temos responsabilidades, as cales non podemos esquecer.
Debemos ser responsables coas nosas tarefas escolares así como coas tarefas que son para facer na casa.
Síntome responsable cando fago cousas para axudar ás persoas.
A responsabilidade é algo que fai que todos se sintan felices. Ademais, tamén me fai sentir importante.

Solidariedade
A solidariedade é un dos mellores xeitos de expresar amor.
Cando axudo a alguén, síntome moito mellor.
Estou sempre atento co que pasa ao meu arredor.
Ser solidario é poñerse no lugar do outro, notar as súas dificultades e tentar axudar.
Hai moitas formas de ser solidario, como axudando a alguén a atopar o seu camiño.
Axudar a aquel amigo que ten dificultade de moverse.
Axudar aos seus irmáns pequenos coas tarefas do cole.
Debemos estar sempre listos para axudar ao outro nos momentos difíciles.
Ser solidario é ver ao outro como irmán e ofrecerlle a man.
É querer ver aos demais contentos e non deixalos tropezar.
É saber que facer ben aos demais faime feliz a min.
Un mundo máis solidario é o que eu sempre quixen.

Ningún comentario: