martes, 4 de octubre de 2011

COMEZAMOS

Onte fixemos a presentación de Chispa na Biblioteca para os máis peques do cole. Moitos deles xa a coñecen destes cursos pasados, pero como sabiamos que lles había gustar acompañar aos pequechos de 3 anos...
Contamos o conto de Chispa; recordamos como a atopamos dentro dun libro cheíño de po, e como quixo quedar no cole e agasallarnos con libros.
Despois tamén aprendimos, uns; e repasamos, outros, as normas ás que debemos atender para que todo funcione moi requetebén.
¿Queredes ver algunha foto? Vaaaaleeee, aí quedan.

3 comentarios:

Ana dijo...

Sempre é un gustazo escoitar a historia de como Chispa chegou a biblio de Pazos aínda que non sexa a primeira vez que a escoitamos. Un biquiño e que teñades un bo curso acompañado de fermosas lecturas.

profes de infantil dijo...

Nós como os pequenos coñecemos a Chispa e ten moi boa pinta. Imaxino que ao longo do curso teremos novas dela. Un saúdo.

Anónimo dijo...

Que recordos!!!
Bo comezo.
Lucía