venres, 4 de abril de 2014

ANXO MOURE VISITA A BIBLIO XOÁN FARIAS

¡GRAZAS POR REPARTIR SORRISOS ENTRE TODOS , GRANDES E PEQUENOS!
A Biblio abriu as súas portas ao creador da Xacia Luviñas e O Carballo con botas (Consorcio Galego). Anxo Moure estivo entre nós contando, besbellando, rindo, cantando, animando, estimulando e contaxiando respecto e amor pola natureza e polo mundo que nos arrodea. Repartimos cariciñas, demos bicos e apertas, e con el cantamos tamén, berramos, besbellamos, choramos, ouveamos, saltamos, bailamos... E máis, e máis.
Entusiasta como poucos e cunha vitalidade envexable espallou maxia na Biblioteca. Moita prenderá nos corazóns dos nenos; nos nosos corazóns.
E agora, a visita de Anxo en imaxes. Collede o bocata ou un café, e dispoñédevos a pasar imaxes e imaxes. Primeiro, a sesión dos maiores; despois, os peques; e por último, Anxo asinando no libro de visitas e adicando os seus libros.
¡ATA PRONTO, ANXO!

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Menuda sorte! Seguro que foi unha grandísima experiencia para os nenos e que disfrutaron moitísimo, non si? Unha aperta.