Como vén sendo tradición neste mes de marzo celebramos por todo o alto a Festa da Poesía e o Teatro. Ao longo destas semanas fomos lendo e preparando traballos para a nosa celebración na Biblioteca. Actividades que xa están moi asentadas como ¿HAI VERSOS PARA MIN? e outras novidosas como... "POESÍA POR UN TUBO". Lectura de poemas e teatro nas aulas, en Hora de Ler ou noutros momentos; en moitos. Marcapáxinas con poemas de Gloria Sánchez. Exposicións de libros de Teatro e Poesía... Todo un mes de moita actividade.
A continuación podedes ver as imaxes desa actividade previa, e despois, as da celebración. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración e polo voso esforzo. E ¡NORABOA! A TODOS E TODAS POLOS RESULTADOS.
2 comentarios:
Tivestes un mes moi intenso con actividades xeniais,.Noraboa!!!
Soy Carolina, la que iba en Pazos. Joooo como echo de menos. Todos salen muy lindos en las fotos todos. Ya iré a haceros una visita. A ver si puedo. Un beso.
Abur
Publicar un comentario