luns, 10 de marzo de 2014

POESÍA E TEATRO

Como vén sendo tradición neste mes de marzo celebramos por todo o alto a Festa da Poesía e o Teatro. Ao longo destas semanas fomos lendo e preparando traballos para a nosa celebración na Biblioteca. Actividades que xa están moi asentadas como ¿HAI VERSOS PARA MIN?  e outras novidosas como... "POESÍA POR UN TUBO". Lectura de poemas e teatro nas aulas, en Hora de Ler ou noutros momentos; en moitos. Marcapáxinas con poemas de Gloria Sánchez. Exposicións de libros de Teatro e Poesía... Todo un mes de moita actividade.
A continuación podedes ver as imaxes desa actividade previa, e despois, as da celebración. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración e polo voso esforzo. E ¡NORABOA! A TODOS E TODAS POLOS RESULTADOS.

2 comentarios:

Anabel dixo...

Tivestes un mes moi intenso con actividades xeniais,.Noraboa!!!

Anónimo dixo...

Soy Carolina, la que iba en Pazos. Joooo como echo de menos. Todos salen muy lindos en las fotos todos. Ya iré a haceros una visita. A ver si puedo. Un beso.
Abur