Moita Copa do Mundo estes días, pero... a calidade atópase en Pazos!
Hoxe tivemos unha visita moi especial, xa que ter FUTBOLISTAS PROFESIONAIS polo noso cole non é cousa de todos os días! Pero si, Luin, Carolina, Carol e Laura, xogadoras do VALDETIRES FUTBOL SALA de Ferrol viñeron para axudarnos a coñecer un pouco máis este deporte, contarnos como é o día a día dunha xogadora profesional, os sacrificios que iso supón, as viaxes, os adestramentos, consellos sobre a vida deportiva, consellos cos estudos, os beneficios dunha alimentación sa e da práctica deportiva... E ata puidemos xogar con elas uns partidiños!!
Que ben o pasamos e canto
aprendemos todas xuntas xogando e escoitando as súas experiencias.
Sen dúbida, unha xornada para repetir! Grazas a Aurora por axudarnos
a organizar a actividade e ás xogadoras do Valedetires pola visita e
o seu trato exquisito con todas nós, sodes moi cracks!
Pazos sempre co deporte en igualdade!
#espazODS_para_a_concienciACCIÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario