mércores, 27 de outubro de 2010

BIBLIOTECA XOÁN FARIAS, EN SERANTES, A TERRA QUE O VIU NACER

Unha emotiva celebración e a presenza de tres dos seus amigos, como ben dixeron eles mesmos. Paco Martín, Xavier Senín e Xabier Docampo protagonizaron un acto cargado de cariño, lembranzas e bo humor. E nós, felices de abrirlles as nosas portas nada menos que a eles.
No tempo do magosto ou no tempo dos grelos, veñades do mar ou veñades da terra; xuntos ou a contagotas, a vosa presenza sempre honrará a nosa Biblioteca. Grazas.



Foron o Alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri e a Concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, os encargados de descubrir a placa co novo nome da Biblioteca. Unha biblioteca que leva funcionando moitos anos pero que foi inaugurada oficialmente hai dous. Grazas a Mercedes polas súas palabras de agarimo e recoñecemento a Juan.

Ao son da gaita de Almudena, acompañáronnos pais e nais e algunha avoa; os ex-alumnos Rubén e Gloria, con Miguel; compañeiros do CFR de Ferrol, doutros coles e bibliotecas, Gabriela, Lastra; Sari Alabau, a representante do Concello no noso Consello Escolar; e Mercedes, ex-presidenta da nosa ANPA, representante da AVV de Pazos e eterna colaboradora; Aurora, a encargada do comedor que adiantou a súa chegada; Xaime, o noso solucionador de problemas, sempre; e Juanjo e a súa cámara, sempre, tamén :) Aos que viñeron e aos que non pero que, sabemos, tamén estaban; a todas elas, a todos eles, e aos que, seguro, se me escapan: Moitas grazas.

Grazas á nosa compañeira Rosa, que onte era invitada pero non sabe estar queda, podemos ver estes dous vídeos da celebración.
Biblioteca Xoán Farias


A maceira de Xoán Farias


E por fin, tamén grazas a Rosa, podemos amosarvos o audiovisual que preparamos para celebrar o Día do Libro, adicado a el,
o pasado 23 de abril.

"Seguiremos camiñando polos libros e navegando polos mares da man de Xoán Farias"


E a Juan, a Lourdes, á familia Farias, grazas por todo:
As Bibliotecas Escolares Galegas estarán abertas para cando queirades visitalas.
A nosa identificarédela polo seu nome:

"BIBLIOTECA XOÁN FARIAS".
A Biblioteca do CEIP de Pazos.

9 comentarios:

Unknown dixo...

Enhorabuena,habéis hecho un trabajo precioso. Os podéis sentir orgullosos. Un fuerte aplauso para todos y en especial para Rosana que sé lo que se movió.
Plas plas plas....(aplausos)

Ana Martínez dixo...

Nun día tan especial como o de onte, a miña ilusión sería estar alí convosco pero non poido ser. Que sepades que vos levo no corazón.
Moitos biquiños
Ana M.

profe Rosa dixo...

Que sorte coñecer a Juan Farias, case por casualidade e que grande honra que a nosa Biblioteca leve o seu nome!!!
Pero sobre todo, que sorte temos ao deixarnos contaxiar por ti, Rosana, por esa ilusión túa polos novos proxectos e por deixarnos compartir contigo todo o que fas.
Mil grazas!!!

Anónimo dixo...

Ola a todos! Ese día foi moi especial, espectacularmente marabilloso. Foi precioso coñecer a Paco Martín, Xabier Docampo e Xavier Senín. A partir de agora imos ler moitos libros deles e de Xoán Farias.
Moitos bicos e aplausos de 5º e 6º. Saúdavos con moito agarimo o cole de Pazos. Chsis-chis PLAS PLASSSSSSSSS!

Anónimo dixo...

Noraboa a tod@s ,facendo que o tópico de " non ser profeta na súa terra " sexa un pouco menos certo,con todo o agarimo e admiración polo traballo realizado ( e os que de seguro virán... )de un que tamén é de SERANTES

Encarna dixo...

Parabéns por ese magnífico acto. Que sorte teñen esas nenas e nenos de ter esa biblioteca e por suposto esa bibliotecaria sempre con tanta Chispa.
Moitos bicos dende o cole de Andrade.

ANA dixo...

HOla a tod@s!! Encantoume a inauguración da biblio.... Coma sempre, facedes cousas marabillosas.
Cánto me acordo dese cole....Un bico.
Ana.

O Segrel do Penedo dixo...

Parabéns aos artífices dunha homenaxe tan merecida.
Un día moi especial, nunha biblioteca moi especial que visitaremos moi pronto.
Apertas de mel dende Fene

monica dixo...

fue todo precioso,con la lágrima suelta de la emoción y la envidia de no estar ahí para echar una palada de tierra!!
FELICIDADES !!!!
como Ana M (nuestra Ana )os llevamos en el corazón