luns, 28 de novembro de 2022

Charla: O xoguete non sexista e inclusivo

Hoxe, dentro da escola de familias, tivo lugar unha charla coloquio sobre "O xoguete non sexista e inclusivo", da man das profes Bibiana e Claudia. 

Serviunos para facernos reflexionar sobre cómo estamos condicionados polo sexo, o xénero e os estereotipos na sociedade actual e para facernos conscientes da necesidade de facer unha carta de Nadal equilibrada, nestas datas nas que os agasallos están tan presentes. 

Pouco a pouco abrimos a mirada e aprendimos a identificar as claves que convirten en obxectos sexistas os xogos e os xoguetes, facéndonos conscientes do perigo dos estereotipos e cómo estes afectan ás crianzas.

Grazas ás familias que puidestes achegarvos ata a escola esta tarde para gozar desta charla tan enriquecedora.

Preme nesta imaxe se queres ver máis fotos.

E ás que non puidestes achegarvos, deixámosvos a presentación sobre a que falamos ao longo da tarde que como veredes ten mooooita información sobre a que reflexionar, porque en palabras de Marian Moreno, experta en coeducación, "falar de xogar é falar de aprender; falar de xoguetes é falar de aprendizaxes para a vida".


Grazas Bibiana e Claudia por esta información tan interesante! 

Ningún comentario: