martes, 23 de abril de 2024

Chegou a maleta de Chispa no Día do Libro!!!

Pois ao pouco de chegar ao cole, soou o inconfundible Chis, chis, plof, plof... que pon o cole patas arriba e que chea de algarabía corredores e escaleiras arriba ata chegar á Biblioteca.


Non podía ser de outra forma: hoxe, 23 de abril,
Día do Libro, pasou polo cole a nosa meiga Chispa e deixounos na biblioteca unha chea de novidades lectoras, algún que outro artefacto e... Bon, mellor que o conte ela mesma, a través da súa carta:


Pois o dito. Aquí tedes as instrucións de Booktuber's do cole de Pazos e as do Concurso de Portadas. Non deixedes de participar!!!


Xunto ás maletas cargadas de novidades lectoras interesantísimas para completar o catálogo da nosa biblioteca, Chispa deixounos tamén un agasallo excepcional! Un exemplar para cada familia do libro "García Niebla: entre a innovación educativa e o compromiso cidadán", escrito por Guillermo Llorca Freire, co quen tivemos a honra de compartir unha sesión divulgativa da figura deste mestre exemplar na nosa Biblioteca o mes pasado co gallo do cambio - ou máis ben ampliación - de nome do noso Centro. Menudo agasallo!!!

E xa sabedes, como ben dicía Chispa...

Se non les non pasa nada, 

pero se les... pasan moitas cousas!

Felices lecturas e feliz Día do Libro a todos e todas!!!

Ningún comentario: