Este mes temos como reto STEAM para rebuldeir@s e peques, familiarizarse co material de Polos Creativos STEAM-Park de LEGO® Education. Grazas a este fantástico material puidemos familiarizarnos coa ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería, as artes e as matemáticas, aproveitando a curiosidade natural propia dos nenos e nenas para crear, explorar e investigar.
Sesión d@s Rebuldeir@s
Grazas ao STEAM-Park de LEGO® Education non só estamos xogando, senon que estamos a traballar:
- Relacións causa - efecto.
- Observación e descripción.
- Resolución de problemas.
- Fomento da imaxinación.
- Capacidade de creación erepresentación.
- Xogo de roles e traballo colaborativo.
Porque xogando tamén aprendemos!



















Ningún comentario:
Publicar un comentario