martes, 16 de abril de 2024

Formación STEAM no cole con Gazapo

Que non coñeces aos de gazapo??? Non pode ser!!! Se arrasan ano tras ano nas Lego League! 

Pois tivemos a sorte, e grazas a formar parte do proxecto da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Biblioteca Creativa, de recibir unha formación STEAM con eles para o alumnado de 3º a 6º de Primaria.

Preme nesta fotografía para acceder ao álbum deste día.

Comezaron os maiores de Q.S.U. cun obradoiro Makeblock, no que montaron os Mblocks en grupos cooperativos e empregraron a aplicación Makeblock para controlar os robots que acababan de montar superando  un circuíto desafío utilizando o modo “conducir”. 




Para rematar realizaron varios retos de programación en SCRATCH utilizando a app MBlocky. Unha pasada!!!

Despois do recreo foi a quenda dos Tritóns. Elas e eles realizaron un obradoiro co Lego BricQ de carreiras de vehículos. 

Entre todas e todos construíron unha pista de carreiras con pezas de “Hotwheels” na que terían que superar varios desafíos:

Primeiro desafío: Coche de inercia. Utilizando os kits de Lego construiremos de forma libre un vehículo para lanzar pola pista.



Segundo desafío: Vehículo con velas. Construiremos un vehículo que terá que moverse utilizando unha pequeña vela de Lego. Para facelo funcionar utilizaremos unha pequeña turbina portátil.




Grazas a Gazapo por compartir con nós a xornada. Podedes voltar cando queirades. Aquí vos somos moi argalleir@s!!!
Que sorte de biblioteca a nosa!

Ningún comentario: