xoves, 28 de marzo de 2013

CONTACONTOS NO RECREO: A VACA QUE PUXO UN OVO

A semana pasada contamos con Ana Pena. O día 19, na hora do recreo veu á nosa Biblioteca a contar un conto. De novo contamos coa súa colaboración, ¿recordades a Ana nunha sesión anterior?
Marta e Alba coa súa mamá, Ana.
Esta vez contou "A vaca que puxo un ovo", de Andy Cutbill, e ilustrado por Russell Ayto, da Editorial patasdepeixe. Esta vaca non era unha vaca calquera, por suposto...
¿Queredes escoitalo de novo?Atopamos isto en You Tube:
E estas son as fotos dese momento, con ovos de chocolate incluídos... Mmmmm! Grazas, Ana, sobre todo, polo teu tempo e o teu ánimo.

Ningún comentario: