domingo, 17 de marzo de 2013

CONTACONTOS NO RECREO: O PEIXE ARCO IRIS

O pasado venres tivemos a sorte de contar con Ana Porto, a mamá de Dani, de 1º curso de Primaria, coma CONTACONTOS. Veu na hora do recreo a contarnos "O peixe Arco Iris". A verdade é que parece que estabamos desexosos de escoitar contos porque, a pesar de ser nesa hora, non nos podemos queixar da afluencia. Tiñamos a biblio ben chea.
Ana co seu fillo e axudante, Dani
Ana tivo un axudante moi habelencioso que lle axudou no decorado: fixo o polbo e máis o peixe pequeniño. ¡Claro! Así calquera, cun artista na familia!!
Quedou convidada para vir noutras ocasións; esperamos que se anime na próxima chamada.
Moitas grazas pola túa xenerosidade, xa sabemos que "o tempo é ouro" e non sempre podemos dispor así como así de momentos coma o do venres.

1 comentario:

Ana Martinez dijo...

Se nota que les gustó la sesión de Cuentacuentos. ¡Qué suerte tenéis de poder contar con la colaboración de las familias! Un beso.