sábado, 30 de marzo de 2019

GAMIFICACIÓN CON SABOR A GRECIA


https://photos.app.goo.gl/XEWo7QvfXVciPgUU7
Dende a Biblioteca Xoán Farias,  o noso cole promoveu  unha xornada este venres na que, a través dunha gamificación, deu a coñecer á Comunidade educativa un proxecto de robótica vinculado ao Erasmus+ celebrado en Grecia no que, o pasado febreiro, participou parte do profesorado xunto a outros mestres da comarca.
Esta foi unha primeira sesión levada a cabo para a rapazada, celebrando así o Día da Poesía e o Teatro. 
Aínda que o eixo vertebrador é a cultura grega, o desenvolvemento xirou en torno aos dous grandes proxectos deste colexio: Robótica e Educación nutricional. Para iso puxemos en valor dous novos escenarios: un espazo creativo dentro da propia  Biblioteca (zona maker), e o recén estreado Mercado de Chispa, no que se potencian os hábitos saudables de alimentación e consumo, empregado tamén para traballar as matemáticas dende unha perspectiva máis vivencial e contextualizada.

Agradecemos a Xaime, o noso conserxe e a Aurora, a encargada do comedor, a súa axuda, sen a cal -coma sempre- as cousas seríannos moito máis complicadas.
https://photos.app.goo.gl/XEWo7QvfXVciPgUU7

PROBAS: 
Xogos Olímpicos (Circuíto de puntería e velocidade), no ximnasio e patio: Artemisa
Sirtaki (baile), na aula de música: Apolo
Menú grego (Ensalada, Moussaka, iogur grego), no Mercado de Chispa: Hermes
A Curuxa de Atenea move a cabeza (Arduino), na BibliotecaI: Atenea
Templo grego (Robot Mind), na Biblioteca II: Afrodita
Alfa e omega (DOC), no salón de actos: Poseidón
Deuses gregos (Dramatización. Chroma), na sala de audiovisuais: Zeus 
E Chronos cronometra o tempo.
E A XINCANA EMPEZOU!

Haberá unha segunda xornada que terá lugar o luns 8 do vindeiro mes, e estará aberto ás familias e resto da comunidade educativa.
Seguiremos contándovos, isto é un avance...




Ningún comentario: