Estase aproximando o Día da Poesía e este ano lanzamos unha proposta na que podedes participar tamén as familias desde casa.
Inspirada nos #versosdebalda, iniciativa promovida pola Biblioteca Municipal de Narón, quixemos imitala e aproveitar estes versos para traballar co alumnado a situación que se está a vivir en Centroeuropa.
Dádevos unha volta polos andeis da vosa biblioteca (ou a do cole) e gozade compoñendo poemas para a paz. En canto empezas, xa non vas poder parar.
Nesta primavera que está por chegar, inundemos o mundo con mensaxes de paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario