Aínda que a novela está aconsellada a partir dos 10 anos, a película pode conter imaxes duras, xa que afonda en temas como a morte e a violencia entre iguais. A súa catalogación é de "+12 anos".
"Conor O’Malley é un neno de 13 anos que durante repetidas noites experimenta un mesmo pesadelo: Sete minutos despois da medianoite unha voz chámao desde a xanela do seu cuarto, desde a que pode ver unha vella igrexa e o seu cemiterio, no que hai un enorme teixo. Conor levántase da cama, asómase á xanela e consegue ver ao "monstro" dos seus sonos, formado por polas e follas pero con forma humana. O monstro promete contarlle tres contos a cambio de que Conor lle conte a súa historia.
A aparición do monstro e os sucesivos contos que vai contándolle a Conor coinciden coa época na que á súa nai diagnostícanlle un cancro e ten que seguir un tratamento de quimioterapia. Ao mesmo tempo, Conor sufre de bullying na escola e a ausencia do seu pai non axuda a levar a situación.
De todos os contos que conta o monstro, o primeiro apenas é percibido polo neno, mentras o segundo convírtelle en culpable da destrucción do salón da súa avoa, coa que mantén unha fría relación, mentras que o terceiro incítalle a agredir a Harry, o neno da escola que sempre se ri del."
Fonte: Actualidade literaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario