Desta volta, o alumnado de 5º EP levou a cabo o seu proxecto STEAM dentro da área de ciencias naturais, tras ter estudado os elementos que forman un circuíto eléctrico. Esta tarefa ten como obxectivo:
Coñecer os conceptos básicos da electricidade a través da manipulación dos seus elementos.
Montar un circuíto eléctrico seguindo uns sinxelos pasos.
Deseñar e montar unha estructura en forma vehículo propulsado a través dun circuíto eléctrico sinxelo.
Comprobar o efecto da electricidade a través da montaxe do circuíto.
Comezaron investigando e descubrindo de forma teórica o concepto de electricidade, os seus tipos, compoñentes, elementos que forman os circuítos e as normas de seguridade que hai que ter en conta cando se manipula. Todo isto o puxeron en práctica na montaxe dos seus vehículos propulsados.
Materiais empregados na estructura: paus de madeira, rolos de papel, palliñas, tapóns, etc.
Materiais eléctricos: Cables (como material conductor da electricidade), interruptor, motor, baterías e soporte, e hélices.
A continuación, explicámosvos o proceso de montaxe:
Comezamos montando o circuíto eléctrico unindo os cables con estaño.
Fixeron a base con materiais reciclados como rolos de papel hixiénico ou de cociña, escarvadentes, paus de xeado, palliñas, etc. e decoráronnos.
Engadimos á nosa estructura personalizada o circuíto eléctrico.
Finalmente colocáronlle as baterías para comprobar o seu funcionamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario