xoves, 13 de maio de 2021

STEAM: Unha man articulada.

Dentro da área de ciencias naturais, despois de traballar o tema de máquinas simples e compostas, o alumnado de 6º EP decidiu crear o seu propio proxecto STEAM: unha man articulada.

Esta tarefa ten como obxectivos:

  1. Coñecer os conceptos básicos das máquinas simples e as compostas e diferencialas.

  2. Levar á práctica un sistema de palancas, un tipo de máquina simple.

  3. Deseñar e montar a estructura da man articulada.

  4. E comprobar o resultado do sistema de palancas a través da montaxe da man.

Comezaron investigando e descubrindo de forma teórica as diferentes máquinas, diferenciándoas entre as simples e as compostas, tipos e funcionamento. Despois, estes conceptos leváronnos á práctica a través da montaxe.

Materiais necesarios: cartón, lapis, goma, regra, tesoiras, palliñas e fío.

Pasos a seguir:

  • Comezamos debuxando a nosa man e alongando os dedos coa regra.
  • Recortamos a estructura.

  • Fixemos as dobreces dos dedos con axuda da regra.

  • Deseñamos a caixa do pulso, onde irán os nosos dedos, recortámola e pegámola á nosa man de cartón.

  • Recortamos as palliñas e pegámolas nos dedos coma se fosen as falanxes dos dedos, incluído o polgar, que irán pegadas polo dorso da man.

  • Metemos o fío por dentro das palliñas e atámolos aos nosos dedos.

Quedouvos claro? Pois se algún non se enterou ben de cómo hai que construir esta fantástica man articulada, deixámosvos por aquí un vídeo para que poidades seguir paso a paso a súa construcción.


E aquí podedes ver ao alumnado de 6º EP en acción.
Xa sabes que se premes nas fotos, podes acceder ao album completo.





E así quedou!!!

Ningún comentario: