mércores, 12 de maio de 2021

Obradoiro de chapas na biblio

Como a nosa é unha biblioteca moi creativa, esta semana aproveitamos os recreos na biblio para facer un obradoiro de chapas co gallo das Letras Galegas. Algúns grupos tiveron que continuar a tarefa nas aulas porque con tanto protocolo de desinfección, este tipo de actividades alónganse un chisco máis.

Lembrades aquelas instrucións elaboradas o ano pasado para o uso da máquina das chapas? Pois cada quen, seguindo esas instruccións tan visuais, puido elaborar a súa chapa de Xela Arias. Despois colocámola nunha cartolina que tiña por un lado unha pequena biografía da homenaxeada e polo outro, o Himno Galego. 


Esta chapa ímola entregar o día que celebremos as Letras Galegas, o vindeiro vernes 21, a cada quen a que fixo, xa que así poderemos empregalo no solemne acto final no que todos xuntos cantaremos o noso himno. 

E por aquí deixámosvos aos peques en acción, para que vexades o doado que é seguir as instruccións do manexo da máquina de chapas.

Ningún comentario: