Pois este mes non houbo retos STEAM na Biblio, pero si houbo unha proposta creativa. Aproveitando que estamos chegando aos 100 días de cole deste curso imos comezar a dar algunha pistiña sobre a temática da nosa centenaria celebración elaborando unhas chapas sobre ilustres personaxes ferroláns:
Se hai algún que non coñeces, podes premer en cada un dos seus nomes da listaxe a continuación e curiosear un pouco nas vidas destes ilustres ferroláns e ferrolás, paisanos teus, na Galipedia.
Para levar a cabo este obradoiro de chapas elaborouse unhas instrucións (texto instrutivo) sobre o funcionamento da máquina das chapas que os participantes tiñan que interpretar para poder facer as súas creacións.
Así, durante toda a semana deron renda solta á súa creatividade, xa que unha vez comprendido o manexo da máquina puideron deseñar e realizar as súas propias chapas, con deseños personalizados e exclusivos. É o que teñen as cousas artesáns, que cada unha das pezas que saen son produtos exclusivos.
Coma sempre, para ver todas as fotos, preme nesta última imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario