Un ano máis, e xa van cinco, o 8 de marzo, Día da Muller, celebramos a nosa particular edición do Maratón Kathrine Switzer como un xeito de visibilización da loita das mulleres para lograr a igualdade plena de dereitos en todos os ámbitos.
Esta fotografía é de Rebeca, deMirada de Madrina, que xenerosamente fixo as fotos deste día,
un ano máis, e polas que non nos cansamos de darlle as grazas!
Se premes nela accedes ao álbum con todas as fotografías.
Organizamos esta carreira simbólica na honra de primeira muller que logrou correr unha maratón con dorsal, no Boston de 1967 e que grazas ao seu esforzo logrou que cinco anos máis tarde permitírase a inscripción de calquera muller nesta proba deportiva, ata entón vetada para elas.
Cando miramos as imaxes do que aconteceu aquel día parécennos ciencia ficción, mais hai non tantas décadas a discriminación da muller en moitos ámbitos da vida estaba normalizada. Grazas a mulleres teimudas coma ela que loitaron por conseguir un mundo máis xusto, hoxe vivimos nun mundo máis igualitario.
Esta edición, sen dúbida, quedará gravada na nosa memoria pola choiva e o vento deste día que fixo que a celebración fora un pouco máis breve que outros anos... Aínda así, aquí quedan algunhas fotografías para o recordo, algunhas "pasadas por auga".
Este ano, novamente, fixemos unha nova tirada de medallas coa impresora 3D de Biblioteca Creativa: un 8, un M e a nosa meiga Chispa para celebrar este día. Que recordo máis bonito!
Infantil A
Infantil B
Rebuldeir@s de 1º
Rebuldeir@s de 2º
Tritóns de 3º
Tritóns de 4º
E Q.S.U.
E por suposto, tamén as nosas nais (e algunha máis)!
Para que o mundo esté cheo de moitas Kathrine Switzer, mulleres bravas que abran o camiño para as que virán... ou mellor aínda, para que no mundo non sexa preciso seguir reivindicando a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Recordades o que pasou xusto hai un ano? Estábamos a piques de comezar este ano tolo que levamos a voltas coa pandemia pero aínda vivíamos confiados. Organizamos a I Maratón Kathrine Switzer e convidamos ás familias a compartir con nós este día. Foi tan especial que quedará no recordo de moitos durante moitos, moitos anos.
Así que neste curso, novamente apareceu o 261 polo cole e o cartel anunciando a carreira, mais desta volta todos e todas sabiamos de que se trataba, e o que non o sabía enterouse en seguida, porque ese número quedou grabado na nosa memoria para sempre polo especial da celebración vivida.
O número 261 era o que levou Kathrine SwitzernaMaratón de Boston, convertíndose así na primeira muller que correu unha maratón con dorsal. Todo isto aconteceu no ano 1967, ano no que esta proba deportiva era exclusiva para homes.
Non foi doado, xa que Kathrine tivo que inscribirse na carreira empregando só as súas iniciais (KV. Switzer) para conseguir o dorsal. E durante a carreira, tentaron apartala da competición, pero non o conseguiron.
Cinco anos máis tarde, e grazas á súa valentía, as mulleres de todo o mundo poden correr oficialmente a maratón, considerada a proba máis dura do atletismo.
Rendéndolle homenaxe neste 8M a esta ousada muller pioneira celebramos hoxe o II Maratón Kathrine Switzer no CEIP de Pazos, amosándolle ao mundo que, con esforzo e entrenamento, calquera pode lograr ser a mellor versión de si mesmo.
Queremos un mundo igualitario e máis xusto onde nenos e nenas, homes e mulleres teñamos as mesmas oportunidades e non sexamos xulgados polas nosas diferencias, pois precisamente son o que nos fai persoas valiosas, diversas e únicas.
Foi unha xornada alegre na que houbo entrega de dorsais, desfile dos participantes, carreiras por idades, entrega de medallas e foto final. O que, sen dúbida botamos de menos foron ás familias, así que o ano que vén, toca repetilo e agardamos que sexa con vós.
Unha gran festa do deporte, a amizade e o compañerismo, o feminismo e a alegría.
Preme en calquera das fotos para acceder ao álbum completo.
Todo comezou haberá cousa dun mes coa aparición duns misteriosos carteis co número 261 polos corredores do centro... Ningúen sabía de que se trataba, pero a profe Paula estaba tramando algo moi grande. Ningunha das profes daba pistas sobre o asunto así que tras varios días de incertidume, os maiores do cole descubriron o segredo, para o que tiveron que empregar as estratexias aprendidas na búsqueda de información.
O número 261 era o que levou Kathrine Switzer na Maratón de Boston, convertíndose así na primeira muller que correu unha maratón con dorsal. Todo isto aconteceu no ano 1967, ano no que esta proba deportiva era exclusiva para homes.
Non foi doado: Kathrine tivo que inscribirse na carreira empregando só as súas iniciais (KV. Switzer) para conseguir o dorsal. E durante a carreira, tentaron apartala da competición, pero non o conseguiron.
Cinco anos máis tarde, e grazas á súa valentía, as mulleres de todo o mundo poden correr oficialmente a maratón, considerada a proba máis dura do atletismo.
Se queres saber máis sobre este feito, podes ver este video.
E así, co impulso da nosa profe Paula, foi como xurdiu a idea de celebrar o #8M no noso cole coa "I Mini-maratón Kathrine Switzer", recoñecendo a valentía desta pioneira e para valorar como, con entrenamento, todos e todas podemos lograr o mellor de nós mesmos.
- preme nesta imaxe para acceder ao album das fotos do cole -
Foi unha xornada divertidísima na que houbo entrega de dorsais, desfile dos participantes, carreiras por idades nas que participaron tamén as nosas familias, entrega de medallas e baile final.
Unha gran festa do deporte, a amizade e o compañerismo, o feminismo e a alegría.
E se queredes máis fotos, premendo na seguinte foto poderás acceder ao álbum coas incribles fotos de Rebeca del Río, que sempre nos saca increíblemente ben...
Temos que dar as grazas tamén ao Gadis, polo avituallamento; ao Concello de Ferrol polo empréstito do material de sinalización e por supostísimo a todas as familias que puideron vir compartir con nós este día.
Saiu todo tan ben e disfrutamos tanto que isto ten tooooda a pinta de converterse nun clásico, verdade?
A que xa estades pensando na próxima edición da "Mini-maratón Kathrine Switzer"? Nós si!!!
EXPOSICIÓN ORAL (Apoio en IMPRESS) "MULLERES"
-
[image: https://photos.app.goo.gl/Y2evvftTfB4yVw4D3]
Estas semanas pasadas estivemos preparando uns traballos sobre mulleres que
destacaron ou destacan na ...