Amosando publicacións coa etiqueta Ferrol Histórico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ferrol Histórico. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de marzo de 2019

AQUACIENCIA E TERRAS DE SALITRE: Unha mañá moi proveitosa!

https://photos.app.goo.gl/Kn6orivBKnRpUE4h8

Esta mañá saímos de excursión e fixemos varias visitas. Aínda que o obxectivo principal era a Exposición de Cristina Mittermeier: Terras de salitre, na Fundación ABANCA, os maiores aproveitamos o tempo da visita dos máis peques para ir ata o Parque Raíña Sofía e alí pasarnos por AQUACIENCIA. 
Na fotos veredes un pouco de todo porque conseguimos estirar o tempo para facer moitas e interesantes cousas: Un percorrido por Ferrol, pasando pola Praza de Armas e pola de Amboage, a visita ao Parque onde fixemos unha pequena parada diante da Fonte Wallace, unha fonte do século XIX, de estilo romántico. (Fontes semellantes atópanse en París, Irlanda, Rotterdam, Brasil ou Barcelona. A fonte fue adquirida en París no 1889 polo comerciante ferrolán Juan Romero Rodríguez, pola cantidad de 1.000 reais.), a visita a Aquaciencia e, por último, a exposición en ABANCA e o obradoiro de reciclaxe. A que non se pode pedir máis? Pois si!, que non nos chovese, e iso tamén o conseguimos!!! Tachán!!
E coma os pequenos gozaron tamén dunha boa merenda no Cantón de Molíns, día CHAPÓ!

xoves, 1 de decembro de 2016

VISITA Á EXPOSICIÓN "100 AÑOS ESCUELA OBRERA FERROL" e BARRIO DE CANIDO

Tiñamos pendente unha entrada moi interesante, e xa vai sendo hora de cumprir!!!

O pasado 21 de outubro, fixemos unha visita á sala Carlos III, en EXPONAV,  onde puidemos ver a Exposición "100 años Escuela Obrera Ferrol".
Libro da Exposición
Unha exposición que nos trasladou aos comezos do século XX. Guillermo Llorca Freire conta no segundo capítulo do libro que a escola foi inaugurada un 3 de maio de 1915 para os fillos dos obreiros da "Sociedad Española de Construcción Naval", contando cunha primeira matrícula de 120 alumnos.







A continuación demos un paseo ata chegar á parte alta da cidade, a Canido. Un barrio enxoiado coas obras de arte que durante estes últimos anos nacen nas paredes cada primeira fin de semana de setembro. Unha idea do artista ferrolán Eduardo Hermida.

No Cantón de Molíns
Un momento de descanso no Cantón
Coa escultura de José Canalejas, obra do escultor Miguel Couto

Diante da Concatedral de San Xiao
Á sombra dos cedros

Entrando no emblemático edificio da Pescadería, de Rodolfo Ucha




Subindo cara ao barrio de Canido pola rúa San Diego

Subindo cara ao barrio de Canido pola rúa San Diego

 E logo deste paseo, chegamos a Canido onde puidemos gozar das moi variadas versións das Meninas... Se tedes interese en ver máis imaxes, ao final da entrada atoparedes o enlace.








venres, 29 de abril de 2016

VISITAMOS FERROL



Un bo paseo demos hoxe. Pensamos en deseñar un xogo para facer esta saída. Houbo seis etapas; e en cada etapa, unhas cuestións a resolver e poder continuar. En cada unha delas conseguiron unha peza - un cromo-, que lles serviu para completar un caderniño con toda a información traballada, ao chegar ao colexio.
 Saímos do noso centro, en Pazos, Serantes, e fomos no autobús ata o porto. Baixamos na "Fonte da Ranita" e subimos polas estreitas escaleiras de en fronte, cara ao Baluarte ou Batería de San Xoán. Desde alí contemplamos o porto e iniciamos o noso periplo. A mellor forma de seguilo é prestar atención ás imaxes que fixemos. De cando en cando, algunha vai indicando onde nos atopamos. Iso para os máis despistados, que a maioría estaban moi centrados. Parécenos que foi un éxito.