Amosando publicacións coa etiqueta Emocións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Emocións. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de febreiro de 2023

Os peques contan "O monstro de cores"

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo de fotos.

Hoxe foi un día xenial na nosa Biblio, xa que estes peques de 5 anos contáronlle aos seus compañeiros e compañeiras de 3 e 4 anos o conto "O monstro de cores".

A verdade é que o cóntano de marabilla, porque levan traballando con el un montón de tempo no "Obradoiro de contos" coa profe Cris. E para rematar todo este gran traballo que levan feito, quixeron compartir cos seus compañeiros este momentazo na Biblio.



Pero é que ademais de escoitar o conto, estiveron á procura dos monstros de cores que andaban agochados pola biblio e tamén xogaron a identificar as distintas emocións, porque como xa sabedes, as emocións revoltas non funcionan nada ben e por iso é tan importante identificalas.




Bravo por estes peques! e grazas á profe Cris por todo este traballazo. 

E vos, animádesvos a preparar outro?


venres, 28 de maio de 2021

A aula da calma

A idea de crear esta aula xurdiu durante o curso pasado, ante a necesidade de atopar un recuncho especial onde poder traballar co noso alumnado a xestión emocionale a resolución de conflictos entre iguais desde un enfoque positivo. 

Pero o protocolo COVID impediunos o uso compartido deste espazo, polo que a materialización deste  novo espazo quedou truncada e durante todo este curso quedou infrautilizada.

Cos arelos postos no vindeiro curso, avanzamos timidamente na súa construcción e neste final de curso acondicionaremos o espazo cuns materiais de absorción de ruído e a colocación duns vinilos motivadores que nos convidan á reflexión. 

Por aquí vos deixamos un avance.