Amosando publicacións coa etiqueta Música na Biblio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música na Biblio. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de xuño de 2023

Cantares de cego

Hoxe tivemos a grandísima sorte de ter coma convidada a Uxía, que veu a tocar a súa zanfona connosco.

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo deste día.

Falounos do seu instrumento, das súas partes e como é o funcionamento das teclas e as cordas, os bordóns, ... Falounos dos "cantares de cego" da época mediaval e das figuras do cego e o lazarillo. 


E por suposto, tocou e cantou!!!


E xogamos a inventar "cantares de cego", contando e cantando aventuras e desventuras inventadas - e algo tolas - nas que dragóns, cabaleiros, mozas valentes, labregas e labregos e toda sorte de animais foron protagonistas.


Cada equipo inventou o seu propio "cantar de cego", que despois cantaríamos acompañados da zanfona.




Foi unha mañá xenial, grazas a Uxía e Irati.
Grazas familias!


luns, 20 de marzo de 2023

Un Lectura e Familias musical, con sorpresa incluída.

Hoxe Óscar Fojo, pai da Loaira e do Artai - quen virá o ano que vén ao noso cole - quixo compartir con nós dúas das súas grandes habilidades, xa que de sempre tivo madeira de artista.

Así que agasallounos cun pequeno concerto con cancións recollidas no libro-disco "O colo das palavras", no que colaboran diversos artistas do pais e editado polas Escolas de Ensino Semete e do seu primeiro álbum en solitario "De ventos e lúas", publicado no ano 2019 por RR Studios.

Preme nestas imaxes para acceder ao álbum completo de fotografías desta sesión.



Un público miúdo, distinto ao que de seguro Óscar está acostumado, pero sen dúbida entregado ao máximo para gozar con tesituras para moitos inexploradas ate o momento.




Pero tamén veunos sorprender con outra das súas facetas de artista, xa que nos trouxo uns marabillosos autómatas de madeira, xogos inventados, brinquedos clásicos e outros obxectos que crea coas súas propias mans e que deixáronnos coa boca aberta.







Grazas Óscar por compartir con nós este anaquiño de tarde e facérnolo pasar tan ben.
Obrigadas!