luns, 20 de marzo de 2023

Un Lectura e Familias musical, con sorpresa incluída.

Hoxe Óscar Fojo, pai da Loaira e do Artai - quen virá o ano que vén ao noso cole - quixo compartir con nós dúas das súas grandes habilidades, xa que de sempre tivo madeira de artista.

Así que agasallounos cun pequeno concerto con cancións recollidas no libro-disco "O colo das palavras", no que colaboran diversos artistas do pais e editado polas Escolas de Ensino Semete e do seu primeiro álbum en solitario "De ventos e lúas", publicado no ano 2019 por RR Studios.

Preme nestas imaxes para acceder ao álbum completo de fotografías desta sesión.



Un público miúdo, distinto ao que de seguro Óscar está acostumado, pero sen dúbida entregado ao máximo para gozar con tesituras para moitos inexploradas ate o momento.




Pero tamén veunos sorprender con outra das súas facetas de artista, xa que nos trouxo uns marabillosos autómatas de madeira, xogos inventados, brinquedos clásicos e outros obxectos que crea coas súas propias mans e que deixáronnos coa boca aberta.







Grazas Óscar por compartir con nós este anaquiño de tarde e facérnolo pasar tan ben.
Obrigadas!

Ningún comentario: