Amosando publicacións coa etiqueta Robótica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Robótica. Amosar todas as publicacións

mércores, 16 de marzo de 2022

A linguaxe de programación tamén forma parte do Lectura e familias

Hoxe tivemos unha nova sesión de Lectura e familias baseada na linguaxe de programación como parte da alfabetización informacional e de medios. Cando empregamos a linguaxe de programación estamos aprendendo a pensar e elaborar criterios propios. Tamén favorece a concentración e o análise das situacións, polo que axuda a establecer patróns de pensamento lóxico que serán de moita utilidade ao longo de toda a vida.

Programar permite afrontar os problemas desde un punto de vista creativo próximo ao método científico. É un proceso creativo como o pode ser a escritura, a música ou a pintura. Por iso é tan importante aprender a programar e por iso o profe Pablo argallou esta sesión tan tecnolóxica para nós.

 

Comezamos a sesión probando as nosas habilidades coa codificación máis básica e puidemos tamén explorar libros sobre robótica e pensamento computacional. Descubrimos os "pijamaramas" e sorprendeunos moito as posibilidas que ofrecen.

____


E despois estivemos traballando co LEGO Wedo, construindo e programando por bloques, e construímos de todo: un caracol un moíño, un robot espía... Aquí apareceu de todo.




Para dar un paso máis e... comezar a programar con scratch con CODE. A verdade é que estes tritóns son xa uns expertos nisto e foi moi doado que a sesión funcionara ben.
Se quedaches coas ganas de seguir programando, podes visitar a páxina da "Hora do código" na que podes ir avanzando nas tarefas ao teu ritmo en sesións de non máis dunha hora e con temáticas diversas. Só tes que probar a que mellor se adapta a ti.



Cómo disfrutamos das sesións de Lectura e familia. 
Xa estamos pensando nas próximas!

xoves, 24 de febreiro de 2022

Lectura e familia para pequesPazos: un obradoiro ALFIN/AMI a través da robótica.

Esta Biblioteca non para!!! Desta volta foron as familias dos máis pequenos da escola as que puideron participar nun obradoiro de ALFIN/AMI a través da robótica. Unha aproximación aos recursos tecnolóxicos e creativos que empregamos na escola habitualmente, concentrada nunha sesión para que as familias poidan explorar as posibilidades que nos brindan e cómo a tecnoloxía ofrece outras linguaxes á hora de comunicarnos.

Unha tarde diferente e divertida, chea de robots, libros e familias.















Xa estamos contando os días para o próximo Lectura e familias!

xoves, 17 de febreiro de 2022

E máis Lectura e familias! ALFIN/AMI a través da robótica

Hoxe foi a quenda d@s rebuldeir@s. Tiveron un obradoiro de alfabetización informacional e de medios a través das múltiples aplicacións didácticas que nos ofrece a robótica. E por suposto... libros, libros e máis libros! 


E que a nosa biblioteca é unha biblioteca creativa, un verdadeiro fervedoiro de propostas de aprendizaxe diversas que non poden deixar de lado a alfabetización informacional e mediática.

A verdade é que foi unha gozada velos en acción, nais e fillos e fillas facendo máis que equipos, EQUIPAZOS!!! Trastearon todo o que quixeron cos robots poñendo a proba as súas habilidades e a súa capacidade para resolver múltiples tarefas e solventar os problemas que foron xurdindo.











Por moitas tardes máis así! Nas que aprendemos todas: nais, crianzas e por suposto, mestras.

mércores, 2 de xuño de 2021

QOBO, un robot educativo para peques e rebuldeir@s

 

E hoxe, cando chegamos á Biblio... SORPRESA! Mirade o que deixou Chispa para nós! Un robot QOBO.

QOBO é un robot educativo con forma de caracol co que aprender a  programar por bloques, a través de tarxetas e tamén empregando un ordenador. Este caracol, como moi ben explica Chispa na súa carta fala, fai sons, cambia de cor e ata pon música discotequeira. Témoslle que axudar a completar todas as misións, guiándolle para atopar os diamantes. Ademáis é compatible con LEGO. 


Formará parte do recanto argalleiro da nosa Biblioteca e poderemos empregalo nas aulas sempre que queiramos. Que ben! Un novo robot para aprender xogando. Penso que Chispa acertou plenamente con este agasallo.

(Preme nestas fotos se queres ver máis)


luns, 26 de abril de 2021

Comezamos o segundo itinerario Digicraft.

O ano pasado xusto cando iniciábamos o segundo itinerario confinábannos. Con moitos problemas de conectividade o proxecto "Digicraft no teu cole" fixo un parón por causa de forza maior. Pero este ano... 

COMEZAMOS O ITINERARIO DE ROBÓTICA E INTELIXENCIA ARTIFICIAL!!!

Xa sabedes que a metodoloxía Digricraft fundaméntase na aprendizaxe colaborativa e busca a participación activa do alumnado a través do xogo e a experimentación.

Preténdese así achegar o mundo dixital ao mundo físico, empregando tecnoloxía en actividades que impliquen a mobilización tanto de habilidades motoras como de pensamento, promovendo o traballo en equipo. 

xoves, 23 de xaneiro de 2020

Retos STEAM: Escornabots na biblioteca

Como xa todos saberedes, neste curso pasamos a formar parte do proxecto de Bibliotecas Creativas, que busca apoiar a cultura da experimentación e a investigación a través da incorporación dos robots e a linguaxe de programación nas bibliotecas escolares. Esta iniciativa encádrase dentro do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares da Consellería.

Así pois este curso recibimos unha dotación de catro escornabots para incorporar ao noso "Recanto Argalleiro" da biblioteca. E non podería ser doutra forma, tiñamos que incluilos na programación dos retos STEAM dos recreos.




Deseñáronse taboleiros para que os máis pequenos aprenderan a manexalos e unhas tarxetas con desafíos para os máis intrépidos, como a elaboración dun laberinto, coreografías en parella, deseñar unha rampla que permitise a subida e a baixada controlada, buscar estratexias para sortear obstáculos...

Como podedes ver, foron uns recreos moi entretidos! E o mellor, que o que aprendimos vainos servir para despois poder facer moitas máis actividades nas aulas. Isto non fixo máis que empezar.