Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres pintoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres pintoras. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de marzo de 2021

Xeografías Lectoras en feminino

Despois dun intenso segundo trimestre, e dun mes de marzo adicado a visibilizar o papel das mulleres na historia, preparamos un gran xogo vinculándoo ao lema elixido para este curso pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, "Xeografías lectoras na Biblioteca Escolar".

Unha mañá apareceu o chan da entrada da escola cheo de pegadas moradas que convidaba a seguilas... en cada unha delas había un código QR. Que información habería agochada alí? Para que serviría aquilo? 

Días máis tarde apareceu un gran mapa de Galicia cunha morea de puntos sinalados... E un panel cheo de fotografías de mulleres. Pero, quenes son estas mulleres? Algunha tíñamola fichada, que ata había caras amigas e incluso familiares, pero moitas outras non. Tíñamos traballo por diante se queríamos desentrañar tanto misterio. 

Dito e feito. Adicamos os últimos días do mes de marzo para "seguir as pegadas" destas 64 mulleres, todas galegas (dalgunha ou outra forma) cun xogo no que tivemos que emparellalas co seu lugar de nacemento (ou adopción). Será o primeiro paso para comezar as nosas pesquisas e afondar un chisco na vida de cada unha delas.




E así foi: lector de códigos QR en man, pasando polo bingo de conserxaría previamente, a cada quen se lle asignou un número que se correspondía cunha pegada. Primera tarefa: buscar e atopar a pegada co noso número e escanear o código QR. 

Grazas a isto, accedíamos a unha información que nos permitiría non só identificar ás mulleres das fotografías e poñerlles nome propio, senón que tamén, poderíamos relacionalas con algún punto do mapa de Galicia dos que estaban sinalados. Feito isto, moito máis por diante: afondar nos logros destas mulleres, para visibilizar o papel das mulleres ao longo da historia e para recoñecer a súa valía.




Esta historia está comezando. Sigamos as pegadas destas mulleres galegas e sumémolas ás nosas "xeografías lectoras".

Como sempre, para ver o álbum de fotografías completo, 
preme en calquera das imaxes desta entrada. 

venres, 24 de febreiro de 2017

CELEBRACIÓN DE ENTROIDO: ANÍMASTE A DISFRAZ-ARTE???


Baixo o lema "ANÍMASTE A DISFRAZ-ARTE?" este ano toda a Comunidade Educativa participou con disfraces de pintores no CEIP de Pazos: Miró, Kandinski, Hervé Tullet e Van Gogh. Os nenos e nenas maiores, ademais, reivindicaron a figura feminina dentro da arte e escolleron a 16 MULLERES PINTORAS das que fixeron pequenos traballos de investigación dentro do programa "BIBLIOTECA ESCOLAR: Territorio das artes". 

Despois dun amplo traballo, exposicións e moita imaxinación, hoxe houbo un desfile polas inmediacións do centro no que participaron tamén as familias, e logo unha merenda coa implicación da ANPA e a, xa tradicional, LECTURA DO TESTAMENTO E QUEIMA DO MECO.
Desfile polas inmediacións do centro






5º e 6º co MECO

3º e 4º

1º e 2º

Infantil 5 anos

Infantil 3 e 4 anos

"Os máis serios"

Lectura do Testamento
Queima do MECO
 GRAZAS AOS PAIS E NAIS, E AVÓS E AVOAS QUE VOS ACHEGASTES
E GRAZAS Á ANPA 
POLO EMPUXÓN!!

xoves, 23 de febreiro de 2017

ANÍMASTE A DISFRAZ-ARTE?!!



DERRADEIRO MANDADO DO MECO: "VIR DISFRAZADOS DE PINTORES OU PINTORAS"


EXPOSICIÓN DE CADROS: "MULLERES PINTORAS"

martes, 21 de febreiro de 2017

ATRÉVESTE A DISFRAZ-ARTE?



ATRÉVESTE A DISFRAZ -ARTE?
ESTES SON OS PINTORES E PINTORAS QUE ESTAMOS A TRABALLAR:

Infantil 3-4 anos: Joan Miró
Infantil 4-5 anos: Kandinsky
1º e 2º: Hervé Tullet
3º e 4º: Vincent Van Gogh

5º e 6º:
Paula: Giovanna Garzoni
Juan: Rosa Frances Bonheur
Nuria: Gabriele Münter
Keira: Maggi Hambling
Ángel: Paula Modersohn Becker
Sofía: Eva Gonzalvés
Irene: Remedios Varo
Elia:  Séraphine Louise
Alejandra: Gillian Ayres
Andrea: Alexandra Exter
Berto: Suzanne Valadon
Borja: Frida Kahlo
Abraham: Maruja Mallo
Anxo: Olga Rózanova
Kelly: Levina Teerlinc
Iker: Sonia Delaunay-Terk

MULLERES ARTISTAS... "Por qué (parece) que no hay mujeres artistas?

Decidimos no colexio que neste Entroido nos disfrazariamos de pintores e pintoras. Este é o motivo polo que levamos uns días subindo cadros en forma de crebacabezas. Se vos fixastes, todos os que puidestes ver ata o momento son cadros de PINTORAS, porque elas, a pesar do que parece, tamén existen e existiron. Os nenos e nenas de 5º e 6º disfrazaranse de MULLERES PINTORAS, para reivindicar as súas figuras, coñecelas e difundilas!
Invitámosvos a ver este vídeo. Leva ou non leva razón? 

CREBACABEZAS. CADRO DE OLGA RÓZANOVA

"TEATRO DO CINE MODERNO", DE OLGA RÓZANOVA. (Rusia, 1886 - Moscú, Rusia, 1918)


CREBACABEZAS. CADRO DE PAULA MODERSOHN-BECKER

"NENA CUN GATO NUN BOSQUE DE BIDUEIROS", DE PAULA MODERSOHN-BECKER. (Dresde, Alemaña, 1876 - Worpswede, Alemaña, 1907)


CREBACABEZAS. CADRO DE MAGGI HAMBLING

"MAR E SOL", DE MAGGI HAMBLING. (Sudbury, Reino Unido, 1945 - )

 

CREBACABEZAS. CADRO DE LEVINA TEERLINC.

"LADY CATHERINE GREY", DE LEVINA TEERLINC (Brujas, 1510/20 - 1576)

CREBACABEZAS. CADRO DE SONIA DELAUNAY-TERK

"MERCADO NO MINHO", DE SONIA DELAUNAY-TERK. (Gradzihsk, Ucraína, 1885-París, 1979)


CREBACABEZAS. CADRO DE SUZANNE VALADON

"AUTORRETRATO", DE SUZANNE VALADON. (Bessines-sur-Gartempe, 1867 - París, Francia, 1938)

 

CREBACABEZAS. CADRO DE SERAPHINE LOUISE

"A ÁRBORE DO PARAÍSO", DE  SERAPHINE LOUISE. (Arsy, Farncia, 1864 - Erquery, Farncia, 1842)

CREBACABEZAS. CADRO DE GIOVANNA GARZONI

"XARRÓN CON FLORES", CADRO DE GIOVANNA GARZONI, (Italia, 1600 - 1670)

CREBACABEZAS. CADRO DE ROSA FRANCES BONHEUR

"MARTIN. RETRATO DE CAN", DE ROSA FRANCES BONHEUR. (Burdeos, Francia, 1822 - Thomery, Francia, 1899)

 

CREBACABEZAS. CADRO DE GABRIELE MÜNTER

"LAGO NAS MONTAÑAS", DE GABRIELE MÜNTER (Berlín, 1877 - Murnau am Staffelsee, Alemania, 1962)


luns, 20 de febreiro de 2017

sábado, 18 de febreiro de 2017

CREBACABEZAS. CADRO DE GILLIAN AYRES

"ARTSY", DE GILLIAN AYRES. (Londres, 1930 - )


venres, 17 de febreiro de 2017

CREBACABEZAS. REMEDIOS VARO

A TECEDORA DOS SOÑOS, DE REMEDIOS VARO (Girona, 1908 - Ciudad de México, 1963)