Amosando publicacións coa etiqueta FORMIG4S. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FORMIG4S. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de abril de 2024

Encontro con.. Pere Tobaruela

Pere Tobaruela visitou a nosa Biblioteca hoxe pola mañá e tivo un ameno encontro literario cheo de risas co alumnado de 3° a 6° de Primaria para falar dos FORMIG4S e as súas misións, en especial a Misión Rosalía, que ademais é un dos libros que se leron no Club de Lectura.

 
Preme nesta foto para acceder ao álbum con máis fotos.

Grazas a Edicións Xerais por facer este encontro posible. Estamos desexando que saia a seguinte aventura dos FORMIG4S! Aaaalgooo xa sabemos, eh?

luns, 19 de febreiro de 2024

FORMIG4S: Misión Rosalía no Club de Lectura


Unha nova reunión do Club de Lectura na que falamos sobre estes catro integrantes dunha brigada un tanto especial - FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL - das súas personalidades e do papel que xogan cada un deles na narración.
Ademais, o carácter biográfico de «Misión Rosalía» achéganos de maneira incipiente á vida e a obra de Rosalía de Castro, poeta que deben atopar e "rescatar" os FORMIG4S.
Para investigar este estraño suceso han viaxar no tempo ata o século XIX por Compostela e a súa contorna. Alí vivirán unha trepidante aventura cun final máis que sorprendente.

Falamos tamén das ilustracións, de como se misturan as páxinas de narración coas de banda deseñada... e quedámonos con moitas ganas de coñecer a Pere Tobaruela porque gustaríanos saber máis desta e das outras aventuras de FORMIG4S.