Amosando publicacións coa etiqueta Permacultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Permacultura. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de febreiro de 2024

Retomamos o traballo na horta

Hoxe voltou Pablo "Péibol" para axudarnos a poñer a punto os bancais e ir transformando a nosa horta desde o punto de vista da permacultura. Esta iniciativa está enmarcada dentro do Contrato Programa edu-sostibilidade e complementa o noso proxecto Axenda 2030.

Voltamos a falar da asociación de cultivos e da importancia de aportarlle á terra os nutrintes que precisa de forma natural a través destas asociacións. 

Comezamos acondicionando os bancais e formando un novo macizo ao pe doutra árbore da horta para acubillar froiteiras mentras medra; Fixemos semilleiros, plantamos bulbos, brotes e sementes; Arrincamos as malas herbas, observamos os brotes que crecen nos macizos do redor das árbores e pegados ao muro e amañámolos. Unha mañá moi intensa, con moito que facer e na que a choiva dounos moi pouco respiro. Aínda así, traballamos arreo.









Grazas Péibol por compartir con nós tanta sabiduría.
Xa estamos agardando a que volvas!

luns, 5 de xuño de 2023

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente.

 E hoxe, 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente tivemos a última xornada de traballo con Pablo "Peibol" deste curso na nosa horta. 

A súa visión de horta abriunos a outra forma de entender os cultivos e o traballo da terra, e estamos encantados. Comprender que unhas sementes precisan das outras e que para ter un terreo produtivo é necesario acondicionalo, fixo que nos fóramos replantexando as tarefas da horta dun xeito máis consciente e sostible.

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo.







E como era o último día que ía a estar Pablo "Peibol" con nós, fixémoslle un agasallo moi especial: un libro cheo de debuxos que amosa o impacto da pegada que deixou en todos e cada un de nós.

ç

Grazas Pablo "Peibol", por ser, estar e por compartir tanto con nós!

Despedímonos, pero só ata o curso que vén!

xoves, 25 de maio de 2023

Arranxando os bancais coa primavera

Volveu Pablo, o noso experto en permacultura, e trouxo consigo unha sorpresa: unha caixa coa tapa furada na que viñan un montón de vermes de seda que estaban a dar boa conta dun feixe de follas de moreira. Ata puidemos ver como algún deles comezaba a facer a súa crisálida. 

Encantounos velos e tamén tocalos. Descubrimos que son mooooi suaves. E que comen moito! Menuda velocidade rilando follas!


Preme nesta foto para acceder ao álbum completo de fotos deste día.

E por suposto, tocou traballar nos bancais. Continuamos coas nosas tarefas de mantemento sacando malas herbas, cubrindo con follas secas o bancal do millo, misturando cultivos (cebola, fabas loba, fabas, chícharos, espárragos...) e plantamos unhas tomateiras que viñeron de Miranda do Ebro e que veñen dunhas sementes de máis de 60 anos. 

Por aquí vos deixamos algunhas fotos para que nos vexades en acción.














Canto traballo! Pero pouco a pouco a nosa horta de Rosalía vai tomando forma!

xoves, 13 de abril de 2023

Seguimos traballando na nosa hortiña de Rosalía

Hoxe voltou Pablo "Peibol" ao noso cole e, coma sempre, púxonos a traballar arreo. Como experto en permacultura, falamos sobre a asociación de cultivos e o aproveitamento dos espazos verdes como produtores de alimentos.

E así foi; Cos peques de 5 anos, acondicionamos o terreo e plantamos varios pés de figueira, para asegurarnos que algún deles prenda forte no noso patio. Por suposto, que non as plantamos soas, senon que para mellorar a terra plantámoslle xunto a eles patacas e chícharos. E aprendimos que se non temos chícharos nin patacas, esas plantas terán feito o seu traballo, aportándolles nutrintes ás nosas figueiras.

Preme nesta foto para acceder ao álbum completo.

Os peques de 3 e 4 decidíronse por facer un xardín de flores. Plantaron unha grande variedade de sementes de flores ao redor dunha das árbores da horta, xa que con Pablo aprendimos que a presenza de flores atrae a insectos polinizadores que son imprescindibles para os nosos cultivos. Un gran traballo para as mans máis pequenas da escola. Xa estamos desexando velas!!!



Os Rebuldeir@s pola súa parte seguiron traballando sobre a asociación de cultivos. Estanse convertindo nuns verdadeiros expertos en permacultura.

Os Tritóns de 3º e 4º de EP tamén están moi interesados na asociación de cultivos. Ademais, traballaron arreo acondicionando uns novos bancais pegados ao muro. Nos vindeiros días plantarán neles cultivos perennes, como alcachofas, espárrados, e máis.
Tamén estiveron acondicionando o bancal grande, facendo limpeza das malas herbas e botando unha cama de folla seca para mantelas a raia.





E para rematar, o grupo de 5º e 6º de EP adicouse á plantación de suculentas no maceteiro menos fondo, xa que son plantas moi resistentes e que precisan pouca terra para desenvolverse.




Que será o que faremos o vindeiro día con Pablo "Peibol"? 
A verdade é que este home é sempre unha caixa de sorpresas!