Amosando publicacións coa etiqueta ODS6. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ODS6. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de xuño de 2024

Feira da auga

E por fin chegou a Feira da Auga! 

Esta mañá celebramos xuntos a gran Feira da Auga, expoñendo os traballos colectivos que se fixeron neste terceiro trimestre relacionados co ODS 6, Auga limpa e Saneamento como produto social relevante do noso PDI "esPazODS_para_a_concienciación".

Felicidades a todos os grupos polo inmenso traballo, por ser quen de expoñelo ante os demais e por saber respectar tamén o esforzo das súas compañeiras e compañeiros do cole.


E pola tarde,  presentamos os nosos traballos ás familias. 

Un aplauso moi grande polo traballo ben feito, por ser quen de buscar información e organizala, de probar e comprobar os experimentos, de realizar as maquetas e un aplauso tamén para os que tiveron oportunidade de expoñer esta tarde e amosar os resultados das pequenas investigacións.


Grazas ás familias que compartistes o voso tempo 
e nos acompañastes.

esPazODS_para_a_concienciACCIÓN

luns, 3 de xuño de 2024

Comeza a conta atrás para a nosa Feira da Auga


#espazODS_para_a_concienciACCIÓN

E ti? Xa formas parte do cambio? 

xoves, 4 de abril de 2024

Novo trimeste e nova misión!

Chegou a primavera e nestes meses tan chuviosos non puiden deixar de pensar nesta nova misión, xa que con este ODS tocará “mollarse”. É a quenda de traballar sobre o ODS 6: AUGA LIMPA E SANEAMENTO.


Déixovos no blog, coma sempre, uns vídeos para romper o xeo e que poidan fluír as ideas sobre este ODS, ainda que de seguro sabedes máis do que pensades.




Seguide a recoller toda a información nos cartafoles das misións ODS e facédemos chegar a través da caixa de correo da Biblioteca. Ao final do trimestre organizaremos unha feira ecosostible na que teredes que explicar os vosos proxectos á nosa comunidade, así que é moi importante que vaiades recollendo os indicios do voso traballo.

RECORDA: Ti formas parte do cambio. Pásate á acción!

Pequenos xestos poden contribuír a lograr un mundo mellor.

#esPazODS_para_a_concienciACCIÓN