Chegou a primavera e nestes meses tan chuviosos non puiden deixar de pensar nesta nova misión, xa que con este ODS tocará “mollarse”. É a quenda de traballar sobre o ODS 6: AUGA LIMPA E SANEAMENTO.
Déixovos no blog, coma sempre, uns vídeos para romper o xeo e que poidan fluír as ideas sobre este ODS, ainda que de seguro sabedes máis do que pensades.
Seguide a recoller toda a información nos cartafoles das misións ODS e facédemos chegar a través da caixa de correo da Biblioteca. Ao final do trimestre organizaremos unha feira ecosostible na que teredes que explicar os vosos proxectos á nosa comunidade, así que é moi importante que vaiades recollendo os indicios do voso traballo.
RECORDA: Ti formas parte do cambio. Pásate á acción!
Pequenos xestos poden contribuír a lograr un mundo mellor.
#esPazODS_para_a_concienciACCIÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario