xoves, 4 de abril de 2024

Charla sobre o acoso escolar do Plan Director

Hoxe recibimos no centro a visita de Beatriz Miño Souto, Delegada de Participación Cidadá da Comisaría de Policía Nacional de Ferrol - Narón, quen veu darlle unha charla sobre o acoso escolar ao alumnado de 3º a 6º de Primaria, dentro das actividades recollidas no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas contornas para o curso escolar 2023-2024.



Foi unha xornada na que se abordaron moitas preguntas, inquedanzas e dúbidas do alumnado, e na que participaron activamente 
amosando moito interese e valorando a importancia do respecto, a empatía e o benestar entre iguais.

Ningún comentario: