Amosando publicacións coa etiqueta Valdo Surf School. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Valdo Surf School. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de xuño de 2023

Surf en Doniños para rematar o curso

Isto se acaba, pero haberá que celebralo ao grande! 

Para despedir o curso, os maiores do cole - de 3º a 6º de Primaria - foron ata Doniños para practicar surf, desta volta coa escola Valdo Surf coa que xa nos iniciamos o curso pasado.

E por aí estaba Rebeca, de Mirada de Madrina, quen nos agasallou con estes fotóns. Que podemos dicir... que coma sempre, son incribles💖


 






💦 Un día para o recordo 💦
Grazas mil e unha veces máis polas fotos, Rebeca!


Preme nesta última imaxe para acceder ao álbum completo coas fotos de Rebeca, de Mirada de Madrina

mércores, 25 de maio de 2022

ODS 14: Aprende a través do surfing

Xa sabedes que estamos a traballar sobre o ODS14: VIDA SUBMARINA dentro do noso PDI #espazODSparaaconcienciACCIÓN. Por iso hoxe realizamos unha saída á praia de San Xurxo para practicar surfing, grazas a iniciativa de Aprender a través do Surfing, un programa educativo que ten como obxectivo introducir o surfing, a súa cultura e os seus valores de respecto e conservación do entorno e o seu vínculo co mar para a transformación social. Grazas ao profe Pablo por embarcarnos neste proxectazo.

 «pensamos que o surfing pode introducir unha perspectiva de goce, de igualdade, de seguridade, de superación persoal, de inclusión… polo que cremos que este proxecto pode aportar un maior arraigo á cultura oceánica».

Ademais, os monitores de Valdo Surf School que xa estiveron con nós este luns no cole impartindo as actividades previas á xornada na praia foron xeniais: Brais, Alex, Luis e Adrián que tanto interese poñen para transmitir a través de estas xornadas todo o mar que levan dentro. 

Aprendimos deles que podemos gozar do mar de forma respectuosa e sostible e a importancia de coidar o noso medio natural. Pero ademais puxemos en práctica as nosas habilidades grazas a este deporte.

De seguro que queredes vernos en acción na praia, verdade? Aquí vos deixamos un vídeo que gravou para nós Antonio, o padriño de Mario que pasaba por alí 😉

E este outro, que gravou o profe Pablo!


E unhas cantas fotos, que xa sabedes que premendo calquera delas accededes ao álbum completo.










Foi un día xenial que non imos poder olvidar!


Practica de deporte de forma respectuosa e sostible. Coida do medio.

#espazODSparaaconcienciACCIÓN