Amosando publicacións coa etiqueta Isidoro Valerio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Isidoro Valerio. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de marzo de 2024

Visita a Radio Voz, con Isidoro Valerio

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo.

Hoxe fomos convidados á radio por Isidoro Valerio para participar no programa "Voces de Ferrol" en Radio Voz, e saímos nas ondas falando do noso cole e de moitos dos proxectos que estamos desenvolvendo. Queres escoitarnos? Pois eiquí tedes o podcast da nosa intervención no programa.



E mentras estábamos "no aire", os nosos compas desde o cole estábannos a escoitar!!!

Grazas Isidoro por darnos Voz!

luns, 4 de marzo de 2024

Unha sesión de radio para familias

Hoxe pola tarde acompañounos Isidoro Valerio, locutor en Radio Voz, nunha sesión de radio escolar aberta ás familias. Foi unha tarde moi aproveitada con eses dous grupos e parece que deu paso a abrir algún camiño entre as familias cara ao vindeiro curso.


A experiencia e profesionalidade de Isidoro Valerio fixo que aproveitásemos, profes e familias, ao máximo a actividade tendo un primeiro contacto coa radio e coñecendo os rudimentos da aplicación, da mesa de mezclas...,  pero tamén deu tempo a facer unha práctica que podedes escoitar aquí mesmo. Tarde marabillosa.

Grazas ás familias que poidestes achegarvos e a Isidoro Valerio por facelo tan doado e acompañarnos coa súa experiencia.

Nesta imaxe de grupo tedes o acceso ao álbum completo coas fotos desta tarde.

Ata a próxima!

martes, 6 de febreiro de 2024

Formación Radio na Biblio con Isidoro Valerio


Hoxe, todo o profesorado do cole tivemos a grandísima sorte de poder realizar unha formación en radio con Isidoro Valerio, locutor en Radio Voz e condutor do programa "Voces de Ferrol".
Sen dúbida unha tarde moi proveitosa na que aprendimos a manexar a mesa de son, o programa de edición de audios e tamén a sentirnos un pouco máis cómodas ante os micrófonos.


 

Grazas por esta marabillosa tarde de aprendizaxe!