Hoxe pola tarde acompañounos Isidoro Valerio, locutor en Radio Voz, nunha sesión de radio escolar aberta ás familias. Foi unha tarde moi aproveitada con eses dous grupos e parece que deu paso a abrir algún camiño entre as familias cara ao vindeiro curso.
A experiencia e profesionalidade de Isidoro Valerio fixo que aproveitásemos, profes e familias, ao máximo a actividade tendo un primeiro contacto coa radio e coñecendo os rudimentos da aplicación, da mesa de mezclas..., pero tamén deu tempo a facer unha práctica que podedes escoitar aquí mesmo. Tarde marabillosa.
Grazas ás familias que poidestes achegarvos e a Isidoro Valerio por facelo tan doado e acompañarnos coa súa experiencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario