Amosando publicacións coa etiqueta ODS2. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ODS2. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de xuño de 2022

MatesPaz-ODS: #DÍA3: ODS 2, FAME CERO

 E o reto de hoxe é sobre o ODS 2: FAME CERO. Seguimos!


#espazODSparaaconcienciACCIÓN

martes, 21 de decembro de 2021

Finalización da Campaña de Recollida de Alimentos

E hoxe tocou facer mostra da nosa solidariedade cos que o máis o precisan facendo entrega dos alimentos recollidos ao longo da semana pasada. Unha humilde contribución que se fixo posible grazas á colaboración das familias do cole que xuntaron ao redor de 100kg de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos Balrial de Ferrol.

Os peques do cole foron os encargados de clasificar e embolsar os productos, e deixalos preparados para que os viñeran a recoller. Velaiquí os tedes en acción. Traballaron arreo!


Ao día seguinte, foron os de 3º e 4º de Primaria, os nosos Tritóns, os encargados de cargar a furgoneta do Banco de Alimentos que se achegou ata a porta da escola. Días antes chamaran por teléfono ao responsable do Banco de Alimentos e concertaran a entrega. Moi ben organizados e colaborando entre eles para levar as cargas máis pesadas, en seguida cumpliron coa súa parte da misión. 



Bravo!!!
E que xuntos, podemos lograr grandes cousas!!!

#espazODSparaaconcienciACCIÓN

martes, 14 de decembro de 2021

Campaña de recollida de alimentos en acción

Hoxe @s Rebuldeir@s de Pazos quixeron mobilizarse para tentar dar maior alcance á nosa Campaña de Recollida de Alimentos e foron ata a Asociación de Veciños de Pazos para colocar o cartel da nosa campaña. 




Xuntos podemos lograr o cambio. Súmaste?
#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

luns, 13 de decembro de 2021

Campaña de Recollida de Alimentos - Nadal 2021

Xa está en marcha a nosa gran 
Campaña de Recollida de Alimentos!!!

Cada clase encargarase de diversas tarefas para coordinar a recollida. De momento, os rebuldeir@s de Pazos comezaron por escribrirlle esta nota ás familias:


Quedámonos con esta frase:
ENTRE TODOS, FACEMOS MOITO.

espazODS para a concienciACCIÓN

Súmaste?