Amosando publicacións coa etiqueta B.Creativa 23-24. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta B.Creativa 23-24. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de xuño de 2024

Agasallos para os desafíos musicais!

Pero viches os agasallos tan molóns que levaron os partipantes da III edición dos Desafíos Musicais?

Uns marcapáxinas con forma de pentagrama para gozar da lectura este verán feitos nas nosas impresoras 3D 💫 Menuda chulería!




venres, 14 de xuño de 2024

Matespazos, X edición, día 5

 E xa chegamos ao final! Contestaches todas as preguntas? E o máis importante... Acertarías todas? Imos aló!







xoves, 13 de xuño de 2024

MatesPazos, X edición, día 4

Cántos acertos levas xa? Pois segue participando, que aínda non está nada decidido. Imos polo reto número 4.




mércores, 12 de xuño de 2024

MatesPazos, X edición, día 3

E xa estamos á metade da semana! Imos polo reto número 3!




martes, 11 de xuño de 2024

MatesPazos, X edición, día 2

 E imos polo segundo día!




luns, 10 de xuño de 2024

MatesPazos, X edición, día 1

Comezamos! Aí van os catro primeiros desafíos matemáticos da nosa particular Olimpíada!









martes, 4 de xuño de 2024

Digicraft no teu cole

Durante este curso tamén participamos no proxecto Digicraft no teu cole, implementando unha serie de actividades tecnolóxicas que permiten que o noso alumnado desenvolva habilidades dixitais, fomenta a creatividade e o traballo en equipo. 


Na avaliación inicial da competencia dixital do noso alumnado, observamos que xa tiña un coñecemento medio de Scratch como ferramenta de programación, o que nos permitiu ter un punto de partida para o uso das demais aplicacións de programación. 

Actividades como Que animal son?, Aventura Dixital, Pesadelo na Biblioteca, And the Oscar goes to…, Imos de viaxe a…, ou Creamos un vídeoxogo, permítenlles desenvolver competencias dixitais clave, a colaboración e o pensamento crítico, empregando a tecnoloxía de maneira innovadora e responsable, preparándose así para os desafíos do século XXI.

Preme nesta imaxe se queres ver algunha fotiño máis.



luns, 3 de xuño de 2024

Comeza a conta atrás para a nosa Feira da Auga


#espazODS_para_a_concienciACCIÓN

E ti? Xa formas parte do cambio? 

xoves, 23 de maio de 2024

Xogos de mesa na biblio

Hoxe os peques do cole tiveron unha sesión de xogos de mesa na nosa biblioteca. Xa sabedes que grazas a sermos unha Biblioteca Creativa, o noso recanto argalleiro ten un bo surtido de xogos para todas as idades.

Os xogos de mesa axudan ao desenvolvemento das capacidades motoras, mentais e sensoriais. Fomentan a concentración, a memoria, a observación e a imaxinación. Amósannos a resolver problemas, elaborar estratexias e tomar decisións e tamén ensínannos a cumprir as normas de convivencia.

Xa vedes, que os nenos e nenas de infantil traballan moito, aínda que pareza que só están xogando.

Sssssh! Silencio! Aquí se xoga!

Preme nesta foto se queres ver máis.



venres, 17 de maio de 2024

Concurso de Portadas 2024

Pois rematou o prazo para presentar as vosas fotografías ao II Concurso de Portadas. Xa sabedes que temos dúas modalidades de participación:

  • "Portadas recreadas", nas que tedes que xogar a recrear a portada dun libro en galego que máis vos guste.
  • E "Mergúllate na portada", na que tedes que formar parte da portada e xogar a completala. 

Cal é a vosa favorita? A verdade é que a min requete-encántame as dúas... pero se teño que escolleeer... É tan difícil como dar o premio, porque todos e todas o merecedes. Así que outro ano máis, faremos sorteo. 

Queredes ver as fotografías participantes? Pois premede na imaxe do cartaz do concurso. De verdade que cada ano, vos superades!


Xa sabedes que o premio é un luxazo! Un vale de 20€ para gastar na nosa libraría de confianza. Así que xa só por iso, paga a pena participar. E se non vos toca o premio, non pasa nada, porque o rato que pasaches argallando a foto xa non cho quita ningúen.

Sorte a todas e o luns, 20 de maio, facemos o sorteo!

xoves, 16 de maio de 2024

Concurso de Ideas da Semana da Educación Vial

Os peques do cole estiveron estas semanas traballando arreo coas ferramentas MAKEDO xa que decidiron participar no Concurso de Ideas da Semana de Educación Vial organizado polo Concello de Ferrol con dous superproxectos: 

  • Un sinal luminoso de paso de peóns,
  • E un paso de peóns seguro
moitivados pola falta de sinalización tanto vertical como horizontal na nosa escola. Porque xa sabemos que nós non damos puntada sen fío e á hora de demandar os nosos dereitos como cidadáns somos expertos. 
Porque o alumnado do rural ten os mesmos dereitos que o do centro da cidade, non podemos quedar calados! E así fixémosllo saber.

Preme nesta imaxe para ver máis fotos!

Se queres ver polo miúdo os nosos proxectos, non te perdas estas presentacións tan molonas que levamos á feira para axudarnos a contarlles a todos cómo foi o proceso de creación destes trebellos.



Déronnos un diploma, unha medalla e unha camisola para as medras - todo hai que dicilo! - e marchamos de volta ao cole satisfeitos polo traballo ben feito. 
Bravo por todos e todas elas! 

venres, 10 de maio de 2024

Recorda lavar as mans!

Puaaaaaagh! 

Recordades a experiencia que fixemos con Paula Río??? Pois se non a lembrades, de seguro que agora non a olvidaredes. Colocamos as nosas mans nunha placa de Petri, unhas sucias e outras limpas... e velaiquí o resultado. Menudo póster!

Se queres quedar coa boca aberta, non deixes de mirar as outras fotos
premendo nesta imaxe.

Nin sequera as placas das "mans limpas" están libres de bacterias. 
Así que xa sabes, lava ben as mans!!!

xoves, 2 de maio de 2024

Unha científica no cole!

Esta mañá tivemos a sorte de escoitar a Paula Río, científica e investigadora ferrolá, doutora en Ciencias Biolóxicas, que na actualidade, despois dun longo periplo, está traballando en Madrid, na Unidade de Innovación Biomédica (CIEMAT), no estudo e tratamento de enfermidades raras relacionadas co sangue, en concreto, o caso da Anemia de Fanconi.


Fixemos tres grupos e dividimos a sesión en dúas partes, a primeira, na Biblioteca, onde nos expuxo o seu traballo e nos amosou o seu espazo de traballo e equipo.

Logo subimos ao laboratorio e alí fixemos dúas prácticas: 

Deixamos as nosas pegadas de mans limpas ou mans sucias nunha placa de Petri para ver tooodo o que pode aparecer alí nunha semana máis ou menos, xa vos contaremos! 




E tamén puidemos extraer o ADN dun plátano! Marabilloso!


Moitas grazas 
á familia de Elisa B., por facer posible este encontro e por supostísimo, a Paula Río.

Unha experiencia fabulosa para sumar! 
Preme nesta última foto para acceder ao álbum completo.